Non se pode dicir que leven vidas paralelas pero si que se moven en círculos viciosos, teñen intereses ortogonais e desempeñan cargos homólogos nos seus partidos.
Actúan con distintos parámetros, un insiste en que dous e dous son catro, e mesmo poden ser cinco a pouco que o intentemos, e o outro desde un ángulo obtuso contesta con retranca “multiplícate por cero”, nunha pelexa dialéctica sen solución de continuidade.
Intuímos que será difícil que Zapatero poida resolver a cuadratura do círculo pero ¿quen se vai fiar de Rajoy, un tipo tan acostumado a saírse pola tanxente?

8 comentarios:
Moi enxeñoso, coma sempre. E se nos poñemos a seguir, diría que se moven no mesmo plano inclinado e as súa cellas forman un ángulo de similar apertura, cando co dedo índice sinalan o punto de corte do seu discurso, en xeral, baleiro.
Un saúdo, señor Raposo.
Certifican aquela frase " PSOE-PP A MESMA MERDA É".
Saúdos
Dous pés para un banco.
Com'areaaaaa xDDDDD
O mesmo can con distinto colar...
Biquiños!
bueno, pero rajoy é moi gracioso, esas cousas que di, con ese xeito de falar, ese frenillo que lle quedou daquel accidente.,,
E o mesmo non é, que na publicidade que me chegou á casa, os do PP engaden o L á coruña. De momento xa teñen un L de diferencia. Iso é importante: pasas de ser un conductor nobel a un experimentado.
Que cousas...
E logo, que vai pasar?
Vai ti a saber...
O de sempre, seguro.
Con este panorama que temos, quen poidera facerse (ser) o sueco!
Apertas x 3,1416
De Zapatero xa non se fía nin dios, pero é que dios ten pouco de psoecialista. De socialista, moito menos, claro.
De Rajoy xa só se fían os fachas "de centro", que é unha definición caralluda, non che parece?
Pero ollo con confundir a toda esta xente cos famosos "votantes". Eses son doutra parroquia.
Por certo que sodes unha panda de radicáis. Quelosepáis. (Estes vicios castrapeiros son culpa de Maribel...Eu non fun.)
Publicar un comentario