sábado, 1 de noviembre de 2008

BY OBAMA


Please:
Que a ilusión venza á decrepitude.
Que o color supere á tristura.
Que o diálogo predomine sobre á “manu militari”.
Que o sentido común teña mais peso que o medo e o racismo.
Que as ideas eclipsen ós peiteados
Que as verbas se impoñan os rifles.
Que a esperanza triúnfe sobre á resignación.
Que o futuro derrote ó pasado.
Tank you very much.

22 comentarios:

HADEX dijo...

AMÉN

(coa súa acepción primitiva)

Bicos

W. Sobchak dijo...

Está todo o mundo tan ilusionado con este tipo... e realmente non fixo grandes propostas mais alo da sua caralluda campanha de marketing ao redor do concepto de "change"

Claro está que todo o que sexa "change" das polítcas de Geroge W. será benvido

pd: e ainda esta por ver que ganhe!

Cuspedepita dijo...

Supoño que gañará.
Non só por todo iso que, como ben dis, representa, senón porque "a pesar de ser negro" (que en EEUU aínda é un handicap importante) ten unha imaxe impecable.

Veca dijo...

Ata chegou a campaña aquí!! Tanto meses huíndo dos medios de comunicación para non saturarme.......

Pero espero que gañe Obama, of course.

Carlos Sousa dijo...

Esperemos que a lóxica se impoña, porque estes americanos, xa se sabe, logo lle dan a volta a todo.

eNmEiGaDa dijo...

Moito disto non entendo... pero o vexo mais cualificado que a ningun outro!

paideleo dijo...

Pa5a min que non vai gañar pero ogallá erre no meu pronóstico.

Antón de Muros dijo...

Se vai gañar e ten en conta as palabras do raposo, ten o meu saúdo.
Se só cambia a cor do presidente... :-(

Unha aperta.

Antón.

Silvana dijo...

¡Decantácheste!!!! Jjajajaj. Izquierdón!!!! (Dentro do que cabe, claro que en EEUU non é moito).

Mer dijo...

Para mín o verdaderamente importante e que gañe un negro en USA, negro e islamista (polo que din por ahí). Que gañase unha muller sería igual de sorprendente.

Ogallá que gañe.

Agora pregúntoche raposo, ¿ isto sí importa e o problema das Farc non? Haí queda.

Bicos

Mer dijo...

Perdón, haí non, ahí, jo.er, xa son disléxica outra vez

Doutora Seymour dijo...

Que non nos decepciónen, por enésima vez.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Amén, tamén sigo eu, Inda que tampouco é para tanto, pero claro dentro do malo é o mellor.
Non sei se Nostradamus fixo algunha predicción sobre esto de cando chegara o home negro a gobernar o mundo... jajaja
Bicos.

rui dijo...

Ai, xa son de novo as ereccións? pois eu voulle votar a Quintana, que o tío da foto non me ten pinta de ser do Porriño, aínda que se queira pór nome galego O'bama non cola, se aínda fora O'chepas...

O Raposo dijo...

A ver Silvana ¿que carallo fixeches co blog? ¿Xa o eliminaches outra vez? E que non hai seriedade ningunha, ningunha.
Mecagoenros!!!

O Raposo dijo...

Mer: e se ganase unha muller negra eso xa sería a hostia.
Rui: de Porriño non é, debe ser de Salceda de Caselas que tamén ten o seu aquel.

Apertas a todos-as e a ver que pasa.

vermella dijo...

ogallá que gañe pero eu de feito son pesimista nos EEUU un fillo de emigrante de segunda xeneración e Keniata é negro,aínda non afroaméricano.....

Manuel L. Rodrigues dijo...

joder que optimista!!!

Que diferencias atopades entre Aznar e Rajoi??? (pois iso)

O Raposo dijo...

Manuel l. rodrigues: home, entre Rajoy e Aznar apenas hai diferencia, pero entre Rajoy e Zapatero si. Pois entre McCain e Obama hai bastante mais diferencia aínda, o eso penso eu.
Apertas.

ekis1331 dijo...

A ver se é verdade.

busto.agolada dijo...

Creo que moitos estadounidenses xa te oíron. Eu espero del que se note o cambio de política para ben de todos.
Unha aperta

Carlos Sousa dijo...

Xa está, xa houbo cambio. O problema ben agora, vamos ver como respira e si é un pouco máis humano cos anteriores.

Difícil papeleta lle espera