aproveitar as horas
mudar de cidade
e esquecer o pasado
escribir un
epitafio
para cando
espertemos
barallar os naipes
coa habilidade dun
croupier
neste casino de
fábricas pechadas
borrar o rastro
coa perseveranza
dun ourive
camuflarse entre a
brétema
facer autostop
cando os taxis
están fóra de
servizo
afastarse da
primeira liña de fogo
e abandonar a
escena do crime
coas mans nos petos
da cazadora vaqueira
Do libro "Nas esquinas do frío"
1 comentario:
As veces creo que paso a vida abandonando as escenas do crime, nunha fuxida sin fin, pero pausada, para non sentir que fuxo.
Bicos
Publicar un comentario