sábado, 9 de enero de 2021

Camuflaxe

 

aproveitar as horas

mudar de cidade

e esquecer o pasado

escribir un epitafio

para cando espertemos

barallar os naipes

coa habilidade dun croupier

neste casino de fábricas pechadas

borrar o rastro

coa perseveranza dun ourive

camuflarse entre a brétema

facer autostop cando os taxis

están fóra de servizo

afastarse da primeira liña de fogo

e abandonar a escena do crime

coas mans nos petos da cazadora vaqueira


                               Do libro "Nas esquinas do frío"

1 comentario:

Alís dijo...


As veces creo que paso a vida abandonando as escenas do crime, nunha fuxida sin fin, pero pausada, para non sentir que fuxo.

Bicos