sábado, 27 de diciembre de 2008

RAICES DO PASADO II: JUAN RAMÓN JIMÉNEZ


Cando tiña 10 ou 11 anos ocorréuseme a ¿brillante? idea de escribir a historia de España en quintetos e quintillas. Dunha forma casqueira, eso si. Cheguei ata Felipe II, aí cansei. Foi unha boa época para deterse, o fin e o cabo daquela no imperio español non se poñía o sol.
Aquelas follas cheas de malos e infantís versos perdéronse todas; non sei onde foron parar, supoño que o lume da cociña de leña. Unha mágoa porque houbérame gustado lelas agora. Sería algo así como volver atrás no tempo, recuperar un anaco da miña infancia.
Ben esto a conto de que estes días que fun a aldea remexendo nunha caixa de libros vellos e tebeos topei cuns versos que escribín calculo que arredor dos 14 anos. Debe ser o poema mais antigo que conservo.
Os primeiros poetas os que me acheguei con verdadeiro interese foron Machado, Juan Ramón Jiménez e Miguel Hernández. A Machado xamais lle escribín nada; a Miguel Hernández dediqueille un poema na miña época de COU (quizais o poña aquí algún día).
A poesía de Juan Ramón Jiménez agora non me di gran cousa pero daquela si, sobre todo os seus primeiros libros como Rimas, Arias tristes ou Pastorales. Supoño que me gustaba o suficiente como para escribirlle este poemiña que foi o que atopei o outro día.

LLEGADA
"A la poesía de Juan Ramón Jímenez."
Abriste la puerta y entraste
sincera y sola en mi alma
como una niña asustada.
Te recibí con los brazos abiertos
porque te necesitaba.
Y te fui conociendo cada día,
unos versos, una mirada,
y te fuiste haciendo mía.
Ahora estás aquí
celosamente guardada
en el fondo de mi alma.

25 comentarios:

HADEX dijo...

Deixando a un lado o elitismo característico de este autor, a súa obra para min é sublime. A súa etapa modernista encántame, mais accesible. Pero a súa poesía pura sinxelamente é unha obra de arte.

Biquiños!!

Paco Penas dijo...

Da túa precocidade non había dúbidas. O talento que pinga da túa pluma ( sen malos entendidos)é a mellor proba. E só fun capaz de escribir algo arrastrado polo vendaval do amor, ou do desamor...
Apertas.

Antón de Muros dijo...

Penso que é bo lembrar o pasado :-)

A escritura moitas veces é necesaria para a saúde da alma.

Unha aperta.

Antón.

Chousa da Alcandra dijo...

Boeno, agora xa me queda mais clariño a razón pola cal eu deixei a poesía (mais ben ela me deixou a min) de xeito precoz tamén. Ti inspirábaste nos maestros coma os que citas i eu...nos ollos (e en máis partes) dunha morena que daquela residía en Bilbao e pasaba os veráns en Antas...

LM dijo...

tou impaciente por esse poema a hernández!
beijos

Carlos Sousa dijo...

De poesía, como de outras artes, nin idea, pero quítome o sombreiro coa túa precocidade.
Aparte de estar gardada no fondo da túa alma, estaba gardada no medio de libros vellos, mira ti.

Da gusto topar algo antiguo e recordar o que facías nese tempo. Cantas cousas, aparte de leña, leva queimado a cociña de ferro.

Cuspedepita dijo...

Raposo, o primeiro poema que eu aprendín de memoria voluntariamente, foi "Octubre" de JR Jiménez:

Estaba echado yo en tierra, enfrente
del infinito campo de Castilla,
que el otoño envolvía en la amarilla
dulzura de su claro sol poniente.

Lento, el arado, paralelamente
abría el haz oscura, y la sencilla
mano abierta dejaba la semilla
en su entraña partida honradamente

Pensé en arrancarme el corazón y echarlo,
pleno de su sentir alto y profundo,
el ancho surco del terruño tierno,
a ver si con partirlo y con sembrarlo,

la primavera le mostraba al mundo
el árbol puro del amor eterno.

E a min segue gustándome JR.

Eu gardo algunhas "reliquias" que escribín aos 13, 14, 15...e , anque recoñezo que non teñen ningún valor as mira como as mire, non me animo a desfacerme delas.

Unha aperta.

Ra dijo...

Ya se puede dar JuanRa con un canto en los dientes, que ni Zenobia se lo puso tan bonito... ;D

Abrazo.

O Raposo dijo...

Hadex: hai poetas que cando os leo séguenme estremecendo, JRJ xa non. Pero é só unha opinión.

Paco Penas: Sei do que falas, eu tamén escribín algo arrastrado por ese vendaval, tan cabrón as veces.

Antón de Muros: dacordo contigo.

Chousa da Alcandra: Nada me custa recoñecer que a morena esa era mais interesante e insparaba moito mais que os maestros poéticos que lía eu.

LM: pois poñereino un mes destes.

Carlos Sousa: Si, estes achádegos cos que un non conta fan que recuperemos parte dun tempo xa perdido. E eso é moi gratificante.

Cuspedepita: Pois mira, o primeiro poema que eu aprendin de memoria
foi El niño yuntero de Miguel Hernández.

Ra: non sei si Zenobia pensaría o mesmo...

Apertas a todos-as e boa salida e mellor entrada de ano.

sarampelo dijo...

Fermoso o poema . Agardo con interés ese poema adicado a Miguel Hernández, un dos poetas que máis admiro pola súa andaina poética e a súa vida persoal que foi dabondo moi triste.

mencía dijo...

De que no fondo da alma che quedou a poesía non hai dúbida, os asiduos desta cova sabémolo ben.
Bicos.

ekis1331 dijo...

Hai pouco editaron uns poemas ineditos de J.R.J dos cales lin tres ou catro e quedei flipado. É un poetazo, independentemente do seu caracter ascético e individualista.

Mer dijo...

Estes días ando sen tempo para ler os blogues amigos, pero entro un anaquiño para polo menos desexarche que entres con bo pé no novo ano.

Felices festas.

Bicos.

ekis1331 dijo...

Por certo, feliz ano raposo!!!

Sun Iou Miou dijo...

Pois, recibe o ano com os brazos abertos e sentidiño, que mañá é outro ano.

Bicos!

O Raposo dijo...

Sarampelo: espero non defraudalo cando o poña.

Mencía: agradezo esas verbas, Rifo.

Ekis 1331: non coñezo eses poemas, haberá que botarlles unha visual.

Mer: non te apures que estes dias acostuman a ser bastantes axetreados para todos.

Sun iou miou: recibireino cos brazos abertos e as mans apertadas a copas de licores varios, como debe ser.

Apertas e feliz 2009 a todos-as.

paideleo dijo...

Non se che daba nada mal, non.
Feliz 2009.

vintxuca dijo...

Antonio Machado,J.R Jimenez,Gustavo.Adolfo.B, eran os meus ídolos de COU, e como tiña ídolos tamen tiña anti-ídolos ou odiados libros que me frustraron e me deixaron traumas na posterioridade... como "tiempo de silencio" xa sei que non é poesía pero e que non o podo evitar.
Feliz ano novo!!!!!!!

tertulias para perogrullos dijo...

Hola"!!! Feliz aninovo, ogallá sexa tan probeitoso como este que marcha e mellor aínda.
Unha aperta

Doutora Seymour dijo...

Fincanse en raices sabias é sabio.
As primeiras impresións, as primeiras olladas, son un tesouro marabilloso que ás veces non valoramos como se merecen. Tendemos a sofisticar o pensamento, e a paixón pode chegar a esvaecer.
O dito, é un tesouro impagable ter a man a esencia do que somos, para non esquecelo.
Parabéns, por saber gardar.

pepe penas dijo...

que sigas inspirado para o ano 2009 e os que veñan despoisruspu

O Raposo dijo...

Paideleo, Vintxuca, Tertulias para perogrullos, Doutora seymour, Pepe Penas: Grazas e feliz 2009.

Mariola dijo...

Que preciosidade.

Feliz ano, Raposo.
Sal da cova, e viaxa.

A miña nao vai navegar este ano por mares novos.

Zeltia dijo...

qué tiernito, con 14 años, toda la sensibilidad ahí acumulada, que luego irías desplegando...
Y además un poema precioso, para los 14 y para los 41

Raposo dijo...

Mariola, Zeltia: grazas e feliz 2009.