domingo, 18 de febrero de 2007

ESCRIBIR PARA A CINSA

Hay días de un terrible azul
sobre los huesos”. Angeles Dalúa
.

Hai días en que custa abrir as pálpebras,
achar a forza para camiñar de novo.
Sabemos que temos que loitar
pero ficamos deitados na alfombra
escoitando a Paúl Simon
e mascando chicle
mentres nalgures alguén chora ou morre
e o sangue escorrega
polo regato da indiferencia.
Porque hai días que esconden
coitelos na súa choiva,
caixeiros fóra de servicio,
corazóns fechados como petos,
cavorcos que non teñen saída,
latexos ou imaxes que son como ameazas;
porque hai días perigosamente cargados
de fastío, porque hai un tempo
no que agroma pesaroso o desánimo,
hoxe esta presada de terra feita home
escribirá para a cinsa, esa cinsa
na que medrarán novos folgos
na acelmada luz doutras mañás.


Foto: D.E. Wieprecht

10 comentarios:

Brais dijo...

Fermoso poema que nos ensina que a pesar das contrariedades medrarán novos folgos
Un saúdo

X dijo...

Se o home de hoxe ha de ser as cinzas de novos folgos noutras mañás, mellor deixar a alfombra e ao Simon e que hoxe agromen as palabras.

moucho branco dijo...

debería haber un pronóstico climatolóxico do ánimo nalgún telexornal interno... por iso de ir mentalizándose.

fermosas verbas.

XurxoCimadeVila dijo...

hai q intentar mudar as cousas. nom sei a quem lle oin que para mudalas debemos intentar mudarnos a nos mesmos, seica que continuamente... nunha reflexion constante!
bo poema!

náufrago dijo...

Fermoso poema. Pero sempre hai que erguerse da cinsa.

Torreira dijo...

Fermosa cinsa-tinta raposo

O Raposo dijo...

Mal que ben as palabras van agromando, X. E vamos mudando pouco a pouco, Xurxocimadevila, pero non cambiando de chaqueta, eh!
O do pronóstico climatolóxico do ánimo pode ser unha boa idea, Moucho.
Brais, Náufrago, Torreira, agradezco as verbas.
Unha aperta a todos-as.

Moralla dijo...

...e que a cinsa continúe agromando en lapas vigorosas feitas poema coma este.
Sinxela, mais fructífera imaxe, raposiño.
Un bico

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

aiiiiiiiii, jo...

RAFAEL dijo...

Ave Fénix, raposiño, Ave Fénix.
Pero e verdade, hai dias así e moito piores, sendo poeta coma ti ou sin selo.
Apertas.