viernes, 30 de marzo de 2007

Queda o silencio

Hai unha choiva que afunde os castelos,
muros de tixolos que esmagan
ós carballos teimosos do horizonte,
un mundo de panxoliñas e lareiras
onde agora medran antenas e parafusos.
Hai un desorde de vagalumes
máis alá do tempo e do solpor,
máis alá da carne e dos aramios.
Hai un iceberg que fixa o límite
para esta catedral de areas movedizas.
Hai fachos que tecen e destecen
o noso alento, sandalias que buscan
esquecidas follas de outono
como o amencer busca o orballo,
unha frase feita pomba na parede,
unha liberdade que gatea polas canelas,
polo ventre, ata a fronte.
O demais é baleiro,
o demais é silencio.

14 comentarios:

Ra dijo...

Raposo, rompo el silencio para brindarle un aplauso...por bueno.

Torreira dijo...

Súmome as palmas de Ra

XurxoCimadeVila dijo...

silenzo gris:
fume de tabaco rondando
lembranzas de dias soleados
dos que non queda mais que un lameiro onde tirarnos a resolver
a nosa encrucillada.
Un saúdo!

Moralla dijo...

O meu raposiño favorito sempre compñendo delicias entre matorral e matorral.
Aperta lírica para vostede

X dijo...

Ten un convite agardando na Selva:

http://selvadeesmelle.blogspot.com/2007/04/mmmmmsicas-rectificacin-pblica.html

Saúdos.

Anónimo dijo...

O que nos queda é saber que temos detrás do silencio aínda hai máis silencio. Mellor emprender unha loita e meter a ilusión da felicidadena no noso pensamento...
Gustoume moito. Unha aperta(valdeorosa)

moucho branco dijo...

moi fermoso... normalmente a liberdade soe gatear por algún lado...

Zebedeo dijo...

A libertade gatea incluso por riba dos fachos e dos fachendosos (no é o teu caso, eh) Voume co desorde dos vagalumes, sempre son interesantes ;)

O Raposo dijo...

Grazas a Ra e a Torreira por eses aplausos; a Xurxocimadevila, polo fume de tabaco nos lameiros; a Moralla polas verbas líricas; a Valdeorosa, detrás do slencio está Deus lin nalgún libro; a Moucho Branco e Zebedeo porque a liberdade siga gateando.
Unha aperta.

RAFAEL dijo...

¿Estas a falar de esta cidade e de todo que se perdeu?
¿Cal e o Iceberg? ¿Toralla? ¿As Cíes? ¿O Hospital do Meixoeiro?
Se cadra estou totalmente enganado.
Saudos, Raposo.

O Raposo dijo...

RAFAEL: En realidade falaba de calquer cidade, todas están suficientemente deshumanizadas. Podría ser Vigo ¿porqué non?. Toralla mais que un iceberg é unha aberración.
Saudos.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Eu non acuso tanto ese silenzo gris, porque estou rodeada de lameiros onde tirarme a resolver encrucilladas.
Pero súmome ós aplausos, gustoume moito.

Marinha de Allegue dijo...

O silencio sempre tan presente...

Beijos.
:)

Irlanda dijo...

Bravíiiiiiisimo.