máis
sólidos e de fiar
son
os de néboa.
Cando
o principio de incerteza
manexa
as rendas dos semáforos.
Cando
as mensaxes
que
mandamos nas botellas
son
chamadas de auxilio
ó
noso asesor fiscal.
Cando
na moviola Zarra
falla
o gol contra Inglaterra.
Cando
o que queda a flor de pel
é un
corazón en bancarrota
e
unha gastroenterite endémica.
Cando
os golpes baixos son a nivel
dos
fociños e para elixir os perdedores
cómpre
recorrer a foto finish.
Cando
hai que viaxar ó estranxeiro
para
sentirse como na casa.
Cando
os domingos saben a martes,
cando
deteñen as verbas por exceso de honestidade,
cando
proliferan as listaxes de promesas
incumpridas,
cando
as saídas de incendio están tapiadas.
Cando
as teas de araña secuestran os dicionarios,
cando
as balas chegan antes do previsto
e o
peso das ausencias pon en perigo
a
estabilidade emocional do planeta,
entón
é como para empezar a preocuparse.
Do libro "Territorios estraños"
2 comentarios:
Para meditar profundamente.
Mui bo.
Aunque sea del libro "Territorios estraños" bien se mete en los propios.
Gracias.
Publicar un comentario