martes, 19 de diciembre de 2017

Galego e punto



Cada vez  me gusta máis Luís Davila, o humorista gráfico que tódolos días publica as súas viñetas no Faro de Vigo. Onte como presidente da comunidade de veciños fun falar coa administradora para preparar a convocatoria dunha asemblea extraordinaria. Ela xa a tiña escrita, así que imprimiuna, corriximos algunha cousa e como estaba en castelán díxenlle que ma mandara por email porque a ía por en galego. Miroume estrañada e preguntoume: “Tu eres del Bloque?”.  Eu sorrín e non lle dixen porqué cada día me gustan máis as viñetas de Luís Davila.

1 comentario:

paideleo dijo...

A min dixéronme unha vez: " Te gusta el gallego ? " e eu resposteille: Prefiro a galega.