coma un peregrino
que vén de moi
lonxe
o horizonte busca
unha saída
detrás do ronsel
que deixan as nubes
polos tellados
liscan
os que non queren
morrer
como heroes
alí as distancias son
máis curtas
ninguén pregunta
polos anxos caídos
e as feridas
cicatrizan antes
sinto a choiva
a través das
pingueiras podo ver
ó neno que fun hai
moito tempo
no outro lado do
mundo
"Do meu libro "Nas esquinas do frío",
1 comentario:
Eu tamén viaxo, coa choiva, á nena que fun no outro lado do mundo. Cando teño a sorte de ver ceos así (aquí escasean) énchome aínda máis de morriña
Bicos
Publicar un comentario