jueves, 11 de febrero de 2021

Non darnos por vencidos

 


este ceo ten a mirada triste

coma un peregrino

que vén de moi lonxe

 

o horizonte busca unha saída

detrás do ronsel

que deixan as nubes

 

polos tellados liscan

os que non queren morrer

como heroes

alí as distancias son máis curtas

ninguén pregunta polos anxos caídos

e as feridas cicatrizan antes

 

sinto a choiva

a través das pingueiras podo ver

ó neno que fun hai moito tempo

no outro lado do mundo

                                               "Do meu libro "Nas esquinas do frío", 

1 comentario:

Alís dijo...


Eu tamén viaxo, coa choiva, á nena que fun no outro lado do mundo. Cando teño a sorte de ver ceos así (aquí escasean) énchome aínda máis de morriña

Bicos