cada noite ten o
seu pasadizo secreto
no que se escoita
un saxofón doente
un cabalo desbocado
cara á multitude
unha pistola
disparando contra a eternidade
unha ferida
subterránea
iso é o frío
mentres o silencio
queima na gorxa a
media voz
na angustia desta
chousa desolada
as manchas fan incertas
as estremas
preto da alba
antes de emprender
o camiño de volta
ensaio un último
berro
con premeditación e
aleivosía
Do libro "Nas esquinas do frío"
No hay comentarios:
Publicar un comentario