sábado, 24 de marzo de 2012

FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

O 31 de marzo e o 1 de abril Sober celebra a súa XXXII Feira do Viño de Amandi. O ano pasado deu moi boa colleita (en calidade e cantidade), así que haberá viño a esgalla para satisfacer os padais máis exquisitos e as gorxas máis sedentas.
Quedades oficialmente convidados.

9 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Saúde ;-)
Apertas.
Antón.

Dilaida dijo...

Intentei comentar onte pero non me deixou, non aparecían as letras que demostran que non eres un robot, pero dicía que tiña que polas. Un lío.
Pásao ben, na feira do viño.
Bicos

Paz Zeltia dijo...

en serio que convidas? ou é un dicir...
conta un pouco máis da feira esa. que a min o viño gústacheme.

corredoira dijo...

Animoooooo ¡¡Todos a Sober a Feira do Viño!!

mariola dijo...

AY, quen poidera ir! aínda que nunca se sabe, máis aínda se convidas.
Xa se sabe que as cousas de balde saben mellor.
biquiños.

Concha L. F. dijo...

Pois haberá que ir, coma todos os anos. Non sei se sábado o domingo, pero hai que ir.

Bicos e grazas polo convite!

xenevra dijo...

Vén de ser a de Chantada. Recoñezo a miñas reticencias a estas feiras vinícolas polo grao de efervescencia vinícola dalgúns. Aínda así creoq ue a de Sober é ben máis tranquila.
Que a goces moito e ben ;))

Chousa da Alcandra dijo...

Non puiden ir á feira este ano; pero prometo dar conta dunhas cantas olas de xénero...

Apertas

Carlos Sousa dijo...

E como acabches?? Non farías como Floreano (a tira cómica de Gogue que sae no Faro de Vigo) que lle di á súa muller que viña de "solber"