Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante.
Pasa, non te quedes na porta.
sábado, 29 de octubre de 2011
RUBIAS (DO PAÍS)
Parderrubias (Concello de A Merca, Ourense).
Vaia par de rubias (nun lameiro de Ribas de Sil, Lugo).
Eu non quero quitarlle mando á DGT española, pero a min paréceme que cun par de rubias (incluso con unha sola) non é aconsellábel ir a tanta velocidade...
Rubias galegas e de calidade! Pola miña terra hai xa anos que non se ven polos camiños, nin nos eidos pastando. A xente nova marchou e a que queda dedícase a outras cousas. Mágoa, porque a súa estampa é ben bonita.
13 comentarios:
Eu non quero quitarlle mando á DGT española, pero a min paréceme que cun par de rubias (incluso con unha sola) non é aconsellábel ir a tanta velocidade...
E esas son auténticas, non de bote.
Bicos
ººº
Boas fotos ...
CHOUSA DA ALCANDRA: Non, que despois pasa o que pasa...
DILAIDA: auténticas e galegas 100x100.
JOTA ENE: Grazas.
Sonche preciosas.
Que bonitas que son! (non hai moito que estiven eu retratando cachenas por esa terra)
Rubias galegas e de calidade!
Pola miña terra hai xa anos que non se ven polos camiños, nin nos eidos pastando. A xente nova marchou e a que queda dedícase a outras cousas.
Mágoa, porque a súa estampa é ben bonita.
Se é que non hai coma as rubias da terriña, claramente. Por pares ou por centos, ou dunha nunha. :D
Apertas.
Palabro de verificaçâo: "calatinn". Seica blogger está por non deixar falar, ou? xD
Eu poñería unha sinal de Stop, para parar con calma e deleitar os olliños con ese par de rubias. Son ben fermosas, abofé.
un abrazo.
nin buscado adrede o nome!
e estas rubias sí que son despampanantes!
gústanme os posteos que me sorprenden.
;-)
Hai outro Parderrubias en Salceda de Caselas.
O que é máis difícil é topar vacas rubias.
Pois iso é un par de rubias e o demais son contos.
E mais teñen moi boa pinta esas duas.
rrsss
Convido-te a passares amanhã lá por casa.
Apertas.
Publicar un comentario