miércoles, 5 de octubre de 2011

AS MÉDULAS, UN LUGAR PARA O ASOMBRO

Na comarca leonesa do Bierzo, preto do lago de Carucedo, atópanse AS MÉDULAS, a maior explotación aurífera a ceo aberto que os romanos tiveron en Hispania.
Desde o miradoiro de Orellán a vista impresiona: picoutos roxos emerxen entre o verde da vexetación desafiando ó ceo e á lei da gravidade. É o que queda dunha montaña desmantelada para extraer o metal amarelo.


Unha paisaxe estraña.
Un lugar misterioso.
Unha viaxe no tempo.
Un mundo perdido.
Unha lección de historia.



O xeógrafo e historiador romano Plinio O Vello, que estivo na península ibérica a mediados do século I, deixounos unha descrición do método para extraer o ouro. Construían grandes depósitos de auga nas partes altas da montaña a escavar e furaban cunha complexa rede de túneles e pozos as entrañas do xacemento. Despois botaban auga por eles. A entrada repentina da auga, que collía velocidade mentres baixaba producía erosións, turbulencias e golpes no interior da montaña que terminaba por derrubarse. A este procedemento chamábanlle “ruína montiun”.
Despois a terra era canalizada cara os lavadoiros onde se separaba o ouro.


Unha montaña aniquilada polo esforzado traballo da poboación nativa e as técnicas dos romanos. Calculan que o longo dos 2 séculos que durou a explotación movéronse máis de 230 millóns de metros cúbicos de terra. A cifra é difícil de asimilar.
Non sabemos canto ouro se puido sacar de aquí. Imposible recuperar o que foi esto nos séculos I e II en plena actividade. A nós, agora, desde o miradoiro de Orellán, paseando pola cunca das Valiñas ou entrando nas bocaminas de “La Cuevona e “La Encantada”, só nos queda o asombro.


10 comentarios:

Artabria - Deambulando dijo...

Madre mía, a de tempo que facía que non visitaba a túa cova!! Grazas polo teu comentario no meu blog e grazas tamén por ter todavía despois de varios anos o premio outorgado polo meu alter ego, Veca, jeje. Saúdos.

Artabria - Deambulando dijo...

por certo, as Médulas sí que son fermosas, dou fe delo.

A nena do paraugas dijo...

Eu tamén dou fe da fermosura misteriosa que envolve esta paisaxe. É unha das visitas obrigadas cando se pasa un tempo traballando no Barco de Valdeorras, aínda que diso xa fai moitos anos e non volvín alá.

Son Unha Xoaniña dijo...

Dou fe da fermosura das Médulas e do interese histórico, vivo moi preto, no val de Valdeorras e téñoas visitado moito. xa había tempo que non pasaba por aquí, alégrome moito de saudarte de novo.
Bicos

Raposo dijo...

ARTABRIA: o teu foi o primeiro premio blogueiro que recibín, asi que lle teño un especial cariño.

A NENA DO PARAUGAS, SON UNHA XOANIÑA: Dacordo pois na fermosura paisaxística do lugar e a súa importancia, por algo foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1997.

Saúdos cordiais.

zeltia dijo...

asombroso, si.
e a min daríame medo perderme nunha cova desas que parecen meterse nas entrañas da terra.
eu nunca estiven, pero vin un documental e impónme

Nemigo dijo...

toda a contorna é fermosa. Hai castros abandonados recén foran construidos, ruinas, canles... todo é moi abraiante

Mar e Lúa dijo...

É unha das visitas que teño aínda pendentes... ¡Levo anos querendo ir! Gracias por achegarme As Médulas co teu post e gracias tamén pola túa visita ó meu blog.

xenevra dijo...

Respiras fondo dende o miradoiro, percorres as grutas, arrecendes nos soutos e desexas que o camiño de volta sexa infindamente eterno.
As médulas (méduas como lles din por alí) son esa poesía en vermello que ten a forza de prender a vista ata facela arder desaparecendo no ceo.

Eva G. Rei dijo...

Fermosas fotos e mellor relato.
Mira que lle teño ganas e aínda non fun. A ver se na primavera!