
Billy:
“Como te sintes?
Pat :
É como si os tempos houberan cambiado.
Billy:
Os tempos quizais, eu non.”
------------------
Billy:
“Nunca te imaxinei o lado da lei.
Pat :
É unha forma de seguir vivo. Non importa en que situación estás, sempre tes razón.”
------------------
Billy:
“Non fai moito tempo que a lei era eu e traballaba para Chisum. E Pat era un foraxido. A lei é unha cousa curiosa, verdade?”
------------------
Estes son algúns dos diálogos de
Pat Garret e
Billy The Kid, wester dirixido por Sam Peckimpah en 1973 e protagonizado por James Coburn e Kris Kristofferson nos papeis principais.
Un achegamento máis a dous personaxes míticos. O Salvaxe Oeste que respiraba a golpe de revólver esmorece, chega o ferrocarril, os negocios, os terratenentes, a civilización, os novos tempos. O progreso significa acatar unhas normas. Pat Garret enténdeo e trata de adaptarse; Billy non, por eso o enfrontamento será inevitable.
Dous vellos compañeiros que cabalgaron xuntos. Billy é un fóra de lei, un tipo incómodo o que hai que eliminar, e Pat agora sheriff de Lincoln ten o deber de perseguir e capturar o seu antigo camarada. Cando o mata en Fort Summer sabe que no fondo estase matando a si mesmo, e o prezo que ten que pagar por venderse o poder.
Wester crepuscular, peli amarga e melancólica coas sinais de identidade do mestre Peckinpah. Violencia, cámara lenta, antiheroes, perdedores, unha paisaxe agreste e dura, poeira e sucidade, todo o servicio dun dos seus temas preferidos: a amizade traizoada.
Ante un xénero (o wester) que agonizaba, o director retrata un mundo en declive, a desaparición dunha forma de vida, do latir dun territorio.
“Esta é a historia dunha época, dunha lenda, non a historia de dous pistoleiros”, dixo Sam Peckinpah.
A música é de Bob Dylan que tamén actúa nun curioso e estraño papel. Bob e moi mal actor pero deixounos unha banda sonora memorable.