Son malos tempos,
dixo a velliña,
mentres as súas mans,
miúdas e engurradas,
apreixaban con forza
a cartilla do Banco
Pastor.
Vai frío, dixo o vello,
puxo o abrigo,
calou a pucha ata as
cellas
e tusiu resignado.
Despois saíron.
Do libro "Territorios estraños"
Do libro "Territorios estraños"