Nesta noite de ausencia,
a cento e tantos
quilómetros de desterro,
coa friaxe espallándose
con preguiza
ó outro lado das ventás
onde quizais latexa unha
cidade ou quizais nada,
noméote baixiño coma un
esconxuro
para derreter as distancias
e recuperar o teu corpo
doce coma mel,
e bebo outro trago
buscando o fondal dos
teus ollos
e imaxínote entre as
sabas,
espida, leda, cálida,
turbadora.
O ron sábeme a ti.
Do libro "Territorios estraños"