O pasado sábado, 21 de decembro, agasalláronme co primeiro premio de poesía do XVIII Certame Literario “Terras de Chamoso”. Unha mágoa que non puidese asistir, mais vaia dende aquí o meu agradecemento tanto ó xurado do premio, como á "Asociación Arumes do Corgo" polo seu labor a prol dos concursos literarios en galego e da cultura en xeral.