miércoles, 21 de septiembre de 2011

SUNSHINE AWARD

Despois de pensalo uns días, consultalo coa almofada e ser asesorado polos meus avogados, decido (por fin) aceptar o reto do premio/meme que me manda Zeltia (grazas por lembrarte de min), que tampouco é cuestión de facerlle un feo a unha boa amiga blogueira.
Así pois que siga rulando o Sunshine award (¿quen inventará estas cousas?) e para eso as normas din que teño que encasquetarllo a outros 12 blogs.
¿E a cales? Pois nada, por rigoroso orde alfabético dos nomes dos blogs que teño enlazados empezando, eso si, pola Z. Porque de cando en vez os últimos tamén teñen dereito a ser os primeiros.
E os galardoados son, tachín, tachán:

Xeografía con esquinas
Xenebra
Valdeorosa
Vakastolas
Un lugar llamado Veleigaz
Trasalba ,
Tarde, siempre tarde ,
Suso Lista, percebeiro do Roncudo ,
Si, home si
Selva de Esmelle ,
Reveladora ,
Reincidente.

8 comentarios:

Raposo dijo...

Algúns destes blogs levan bastante tempo parados pero o mellor aínda retoman a súa actividade blogueira.

Maribel-bel dijo...

O nome de tal premio (como defensa do idioma) é un pouco raro, raro. Grazas. O que non sei é se poido mencionar os que están, porque doce blogs sen repetirrrrr...

Anónimo dijo...

Pois moitas grazas: un premio sempre é un premio e a vaidade de un sempre o agradece.

Raposo dijo...

Maribel-bel: Non hai ningunha norma que prohiba mencionar os que xa están doutros blogs. Asi que por eso non te apures.

Kaplan: de nada, home.

corredoira dijo...

yupiiiiiiii!
¡o noso primeiro premio!!
Gracias raposiño
Ben seguro foi unha dura decisión :))
Dende este lugar estamos encantaos!

Paz Zeltia dijo...

pois moitas grazas por seguir o meme.
E dicirlle a maribel que os criterios para o premio non son únicamente o da defensa do idioma (o premio naceu por alá por outros lares, e cada un foino adaptando ao que lle conviña... eu paseino pensando no mérito de conservar un blgo varios anos)

Raposo dijo...

De nada, CORREDOIRA, pero débesme unha mirinda. Tomarémola en Santa Marta, onde o Baldetas.

ZELTIA: tardei un pouco pero o final fíxeno, eh!

xenevra dijo...

Vaia!!! e eu que viña rauda ver... ler... soñar as túas palabras :D:D:D
Grazas por pintarme este sorriso no nacer do día.
muakkk