viernes, 20 de abril de 2007

E Ó FINAL O DESENCANTO

Buscar liberdade no asfalto é precipitarse a un pesadelo sen paracaídas, esnafrarse de impotencia, e coas mans, se aínda quedan, desfacer laxes, guindastres e moreas de tixolos. Nos ollos enchoupados de preguntas derrétense as conexións. Agardamos un movemento, un saúdo visceral, unha atracción; pero as verbas esvaran lamacentas, foxen a cegas, e os pasos resoan cada vez mais lonxe. Confiamos que o día traerá a claridade, dará sangue novo os vestidos e as campás, decisión nas encrucilladas e outra vez as rúas serán manancial e os muros un mar verde onde agromen camelias e mapoulas. Ata que algo fai tremer o pulso, un calafrío percorre os ombreiros, axítanos, patexa, fálanos a orella, rípanos do soño feliz que argallamos por uns intres e os ollos ábrense mais e mais e comprendemos. Daquela só esperamos ir caendo mais a modo, o sorriso que agacha a indiferencia, un desexo propio, un corpo espido, o baúl dos recordos, unha sombra, un empurrón, un solpor morno, silencio, outro empurrón, unha tumba.

15 comentarios:

Brais dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ra dijo...

Raposo, encantadora manera de tratar el cruel desencanto. Sublime.

Patrieira dijo...

Ogallá puideramos tentar á gravidade, e caer mais amodo...

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Menos mal que ese desencanto so nos invade nalguns momentos, doutro xeito sería imposible vivir.
Gustoume moito e coma sempre fermoso.
Un saúdo.

dorvisou dijo...

Eterna busqueda...e mentras, como consolo, quédannos as palabras.
A cova do raposo é moita cova para o raposo :-)

XurxoCimaDeVila dijo...

as veces rompese ese desencanto dun xeito tremebundo, como un cabalo desbocado freneticamente cara o mencer... e caemos nun sonho de sinceridade que remata para volver o desencanto, q remata a alba coa fuxida. enton damonos conta de que o unico que nos ama é esa tumba.

un saudo!
(hoxe afectame o desencanto derivado do encanto que perdin de onte...)

martafernandez dijo...

A chave do esquecemento sempre encaixa noutras fechaduras. Opino que un camiño non é máis que un camiño no mapa da nosa existencia e que as verbas foxen ata que atopan un oínte acorde cos seus anhelos.
Bicos

Doutora Seymour dijo...

Quizais o asfalto acelera a caida, moitos muros, silencio de máis.

O Raposo dijo...

Ra: grazas polos adxectivos sempre tan gratificantes.
Patrieira: a gravidade é o que ten, que non respecta o límite de velocidade e caemos a toda hostia.
Rifo: Este é o desencanto dos días grises.
Dorvisou: E menos mal que nos quedan as palabras.
Xurxo: Desexo que ese encanto perdido o poidas volver a recuperar.
Marta: atopar oíntes e falantes que nos saquen da soidade asfáltica na que as veces esmorecemos.
Doutora Seymour: o asfalto, certamente, non axuda moito nestes casos.
Nota aclaratoria: eu non suprimín ningún comentario. Supoño que sería o autor do mesmo e as súas razóns tería.

Ninsesabe dijo...

Da gusto entrar nesta cova. O raposo fai pensar. Nada menos.

moucho branco dijo...

uf, que enfoque mais lírico-apocalíptico, vasme tirar ao grunge... (non!, non!, era broma!)

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

volta o mundo real, bicos

Zebedeo dijo...

Vexo que tamén foches o cementería xudío de Praga. Fermosa cidade e fermoso tamén o teu poema. ¿Volverás a Chequia? Eu case seguro, inda que sólo fora por tomar as suas riquísimas cervexas :)

Anónimo dijo...

"Buscar a liberdade no asfalto é precipitarse a un pesadelo sen paracaídas..." Realmente ningún ruído pode distraer unha conciencia en duelo... Canto silencio dentro, na barriga deste poema.Gustoume. Un saúdo(valdeorosa-rosa)

O Raposo dijo...

Moucho branco: tírate, oh, tírate, pero non de moi alto, eh!
Lúa: esto tamén forma parte do mundo real.
Zebedeo: En verdade, Praga é fermosísima e paga a pena voltar, aínda que so sexa polas cervexas: moi boas e moi baratas ó cambio (que tamén é importante)
Ninsesabe e Valdeorosa: grazas polos parabens.