Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
miércoles, 20 de junio de 2007
SI NON REZAS NON CONDUZAS
O Vaticano acaba de difundir, supoño que baixo inspiración divina, o manual de bo conductor católico, para tratar de evitar as mortes e os accidentes nas estradas.
Entre outros consellos recomenda facer o sinal da cruz antes de arrancar o coche e rezar o rosario para os viaxes longos. Parece ser tamén que facer un adiantamento imprudente é pecado (non che digo nada se mentres adiantas te masturbas; daquela xa estás condenado, per sécula seculorum, sen remisión).
Ou sexa que a Dirección Xeral de Tráfico leva anos traballando arreo, dándonos a tabarra e gastando cartos a moreas, tratando de concienciarnos con anuncios impactantes, con escenas violentas, con imaxes de mortos e feridos, con ameazas de multas o por maior, con radares a esgalla, coa perda dos puntos y das comas e retirada do carné, e ninguén se deu conta de que solución era moito mais sinxela e estaba no rosario, nun padrenuestro e tres avemarías.
Se os conductores aplican este novidoso método nos seguintes meses iremos vendo un descenso significativo no número de accidentes automobilísticos, ata que estes quedan reducidos a meramente anecdótico.
Oxalá que o Vaticano siga por este beatífico camiño e nos obsequie con manuais similares para resolver o problema do paro, o acceso a primeira vivenda, a mellora do salario mínimo, o conflicto de Oriente Próximo ou a fame en África.
Polo de agora, eu vou ler con atención o manual a ver que teño que facer antes de sair a leira co chimpín.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
18 comentarios:
e levar pingas de auga bendita no retrovisor, tamén
¿É conducir de xeonllos?
Iso debería dar puntos en lugar de quitalos.
Dijo eu ¿Ou non?
Moi bo, raposo, moi bo.
Pois o de ir rezando o rosario nas viaxes longas non sei, pero o soniquete das avemarias e os padrenuestros, son coma si tomaras un orfidal ou dous, así que vai ser mellor poñer o cinto e ser prudentes e deixarse de andrómenas que estos do "club católico", non din máis que parvadas, se fixeran algo de proveito...
todo o mundo sabe que para que remate a fame en África hai que rezar un Ave María. enfín. que nos dean paciencia.
Bicos apóstatas.
Todolos os españois esperamos con ansiedade as verbas de "Billy José María": ¿Vasme dicir ti a min que teño que aprender a doutrina para guiar?
E os que non sabemos rezar o rosario teremos que quedar na casiña, pero para que imos sair, rezamos un Ave María e que nos traian o mundo á casa.
Bicos
cando saias co chimpin a leira agora tes sorte que xa non poden cobrarche dezmos, pero andemos con ollo que agora van comezar a bautizar coches, cobrar un tanto por cen do gasoil, etc. hehehe.
O Vaticano debería lembrar a frase aquela tan famosa "zapatero a tus zapatos" e aplicársea. Meten o nariz en todo. E aínda por riba teñen ese banco Ambrosiano... Agora ímos ter cardenais nas estradas tomando nota?(valdeorosa-rosa)
Aplíquese nesa lectura do manual!, aplíquese sen reservas, despois con outros "problemiñas" só ten que cambiar o título. Trátase dunha formula maxistral que serve tanto para un roto como para un descosido, sonlle moi apañados, eles, alá, no Vaticano.
Bufff agora xa non quero rezar...
Unha aperta.
;)
Miña sogra sempre se presina cando sobe no coche e di: Dios vaia con nós. E eu sóltolle: Se sobe el non collemos todos.
Osondaxordeira, Rafael, Nébeda, Xurxocimadevila e Valdeorosa aportan suxerencias que sen dúbida serán tidas en conta polo Vaticano para a segunda edición.
Pepe penas: eu tamén espero con ansiedade as verbas de Jose Mari que, como sempre, non terán desperdicio.
Rifo, Martafernandez, doutora seymour e Marinha de Allegue semellan un pouco escépticas, aínda non me explico porqué.
Paideleo: Moi bo,moi bo. Teño que contarllo a unha veciña miña que tamén dice o mesmo.
Unha aperta a todos-as e seguide os consellos eclesiásticos cando saiades a estrada este fin de semana.
Non che hai casco coma eses mandamentos. Tan sumbados no vaticando.
Beatifiquemos aos membros do Vaticano entregándolles un sacho e un carro pra que traballen un chisquiño as terras dos labregos... veremos que tal lles senta, e que coman a dieta!!
Divertido post, raposo
Moralla
os membros da expediçom que formamos parte da "viagem de alelí" rezamos todos os dias. Fazemos o sinal da cruz e emprendemos roteiro arriva o caminho que nos há levar a novas aventuras
Saudinhos!!!!
PD. Sabedes que há um escarabelhinho nacional galego?
Miña avoa tamén se persigna e rézalle unha oración rara ó Cristo da Boa Viaxe... Agás cando vén comigo. Non sei se o fai para non poñerme nerviosa ou porque pensa que comigo ó volante é inutil rezar...
En fin, que cada un no seu coche e Deus no de todos.
Esto decidirono despois de pasar unha semana de ayuno pra non mancillar o corpo de christo e posteriormente comulgar con viño e asi non se pode...
non llo teñas moi en conta aparte estes van un pouco seniles, coitadiños
Suso lista: eu dese casco non che me fio moito.
Moralla: Pode ser unha boa idea, sobre todo agora que o campo se está abandonando. Haberá que comentarllo a Rouco Varela.
O procurador de sonhos: Góstame que teña vostede eses costumes.
Mar e lúa: Pois a ver se aprendes da túa aboa que semella ter moito sentido común.
Extraño: É o que ten beber viño co estómago baleiro.
Publicar un comentario