lunes, 9 de julio de 2007

LEMBRANDO A RABINDRANATH TAGORE

A FLOR DA CHAMPACA: Mamá, escoita, si solo por xogar, ¿eh?, eu me transformara nunha flor de champaca e agromara na pola mais alta desa árbore e me arrolara, escachándome de risa, no vento, e bailara sobre as follas novas, ¿saberías ti que era eu, mamá? Chamarías por min: “Neno, ¿onde estás?” Eu riría por dentro e estaría moi quietiño. Abriría as follas de vagar, moi a modo, e ollaría como traballas. Cando despois de bañarte pasaras, co pelo mollado espallándose polos ombreiros, por debaixo da champaca ó patio onde rezas, ulirías o recendo da flor pero non saberías que ese recendo saía de min. Cando despois da comida te sentaras xunto a xanela lendo o Ramayana e a sombra da árbore che caera no pelo e na saia, eu votaría a miña sombra pequeniña sobre a folla do teu libro, xusto no sitio onde estiveras lendo. Pero, ¿adiviñarías ti que era a sombra do teu fillo? Cando a noitiña foras a corte do gando co candil aceso, eu caería o chan e sería outra vez o teu neno, iría xunto a ti e pediríache que me contaras un conto. “¿Onde estiveches metido, pillabán?” “Non cho conto”, diríamos os dous. Rabindranat Tagore (1861-1941)

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Una verdadeira fermosura, Raposo.
En galego soa coma un feitizo.
Graciñas por a tua sensibildade.
E agora, unha dúbida ¿Lembrando a Tagore ou lembrando a tua nai?

Ra dijo...

Qué lindo.
Abrazo, Raposo

Unknown dijo...

este home sempre tan tenro y provocando a volta a nenez do lector, precioso, é coma ver un lenzo impresionista....

Anónimo dijo...

Moi bo. Grazas por poñelo. o príncipio pensei que era unha historia da galiza, pero logo vín que non. Hai historias que son universais.

Suso Lista dijo...

¡Carallo pro Raposo!, se ves unha galiña daslle bicos, je je.

rosa enriquez dijo...

Encántoume. Gústame moito Tagore. Este home afinaba tanto nas emocións máis sutiles¡ Unha aperta

franetico dijo...

De Tagore siempre me sorprendió que sus palabras llegarán tan limpias a mis oídos después de atravesar arrastrándose los matorrales de su boca. Son los espaldas mojadas de la literatura.

Nébeda Piñeiro Barros dijo...

Considero que Tagore percorre perigosamente a liña que separa o cursi do fermoso, pero tamén é certo que a maioría das veces con éxito.

un bico grande

P.D.: Onte vin a un da túa especie, pero non deixaba quedar moi ben ós do clan. Vello e decrépito. XDD.

Son Unha Xoaniña dijo...

Sorprendeume vostede con este Rabindranath en galego, soa moi fermoso.
Un saudiño

Marinha de Allegue dijo...

Gustoume moito. Tagore ten un toque sutil realmente cautivador...

Unha aperta raposo.
;)

Anónimo dijo...

Fermoso, fermoso...

Anónimo dijo...

E aínda por riba en galego, moitas grazas raposo, fermoso.
Un bico

Raposo dijo...

Hai algo de todo, Rafael: Tagore levoume a lembrar algunhas
"trastadas" da miña infancia.
Grazas, Ra, e un abrazo tamén para ti.
Extraño: A nenez é un dos sitios os que sempre voltamos ou sempre estamos intentando voltar.
Xurxocimadevila: un dos méritos de Tagore é que as suas historias superan as fronteiras nas que foron escritas e rematan por ser universais.
Home, suso lista, depende da galiña!
Grazas e unha aperta, Rosa Enriquez.
Franético: Ten vostede a rara virtud de definir as cousas coas palabras apropiadas.
Nébeda: pode ser, mais esa pátina de cursilería que as veces agroma queda ampliamente superada pola sensibilidade e a fermosura dos textos. P.D.: O paso do tempo é inexorable, mesmo cos raposos. Espero que o trataría con cariño.
Rifo, Marinha de Allegue, Doutora Seymour, Martafernandez: Grazas polas gabanzas.