Esta ponte pasada estiven de sendeirismo pola comarca do Barbanza, desde Ribeira a Corrubedo. Nun monte preto de Ribeira encontreime con esta caixa de correos na sobreira dunha devesa. Ningunha casa, galpón, palleira ou outra edificación vin polos arredores.
Non me preguntedes que fai entre as árbores, se ten moita correspondencia, ou quen firma os certificados. O caso é que aí está: verde, a sombra, segura de si mesma.
¿Quen lle escribe as sobreiras?
Non me preguntedes que fai entre as árbores, se ten moita correspondencia, ou quen firma os certificados. O caso é que aí está: verde, a sombra, segura de si mesma.
¿Quen lle escribe as sobreiras?
31 comentarios:
Lein nun blog que agora mesmo non dou identificado, que en Ubicación:
Poñia algo así como Fraga de.... segundo árbol a dereita.
Sorprendente o deste buzón. Cousas veredes...
Un saúdo
Apátrida: hai un blog, "O niño do moucho", ubicado nos "bosques de Coruña, na terceira árbore a esquerda". Tereille que preguntar a ver si sabe algo.
Dende logo é moi curioso. Vai ti saber a historia da caixa de Correos, igual hai varias casas pola zona, alexadas, e das que o punto equidistante é esa árbore, entón en boa concordia poñen a caixa aí, e cando pasan no coche deixan o correo. O que xa dudo máis é que alguén vaia a recollelas. Non se ve moi oxidada nin deteriorada, así que o mesmo se puxo non fai moito ... ...
Podería dar lugar a algunha historia fantástica ... deberías investigar ...
Un saúdo.
Cartas á natureza, quizais... Seguramente, a superconciencia común de Gaia é capaz de ler os nosos borrallóns de tinta, e escribir nas paisaxes que vemos unha resposta con caligrafía de marcha de insectos (formigas) o no entrelazamento xeométrico e caótico das prantas...
Seguramente, alén, cartas de disculpa. Sobretodo por as Pontes, a polución e os eucaliptos, no noso caso...
Intrigante e moi bonito.
Silvana: Non vin ningunha edificación na finca propia nin nas estremeiras. Na caixa non figura nome nin enderezo que nos puidera axudar nas pescudas.
Seguirei investigando.
Fravernero: se é para recibir cartas de desculpa polos danos que lle facemos a natureza quizais esa caixa queda pequena.
Peke: intrigante si que é, si!
Pois a ver se lles chega o correo (as arbores ou a quen sexa) porque onde vivo eu temos serios problemas co servizo de correos.
Non sei cal será a razón desta caixa de correos, pero trouxome á memoria unha curiosa tradición que hai no Parque Natural de Dartmoor, no suroeste de Inglaterra.
Alí, desde mediados do século XIX, hai a tradición de deixar cartas agochadas no bosque, antes en xarros de cristal, hoxe en tupperwares. A idea orixinal consistía en deixar neses xarros cartas con enderezo e selo, listas para se enviar, e quen as atopase poidese envialas de volta. A cousa foi medrando e hoxe disque hai máis de 4.000 caixarolos por alí, cada un deles cun libriño de visitas e un selo para coleccionar por quen o atope. Chámanlle "letterboxing" ao entretenimento este.
¿Será algo así? Coido que non polos datos que das.
sería o colmo do romanticismo, non?
que che escriban cartas de papel xa parece de outra época, a min persoalmente encántame, mágoa que xa case non se practique.
que che respondería unha árbore, vale que todos pensamos nos reproches poe como está todo a causa nosa, pero que de historias e contos e sensacións podería describir...
ai!!! sería maravilloso... receber unha carta agora así de bonita ou intrigante ou misteriosa ou... ou...
Qué cucada!
Me encantó.
jejeje...eu recomendaríache que a mandases ao concurso de foto anecdótica galega, non sei se se segue a facer, pero mira no google.
apertas
Moucho, non será que sexa a caixa de correos do primo de Rajoy, por iso do cambio climático. Ao estar no monte pode ser que vaia por alí o Sr. NO a recoller a correspondencia, como cousa secreta. Pescuda Moucho, que pode ser moi interesante
Digo eu......
Veca: unha enquisa publicada estes día dí que Correos é o servico público mais valorado polos cidadáns.
Ricardo arias: Curiosa e fermosa tradición a de Dartmoor. No noso caso vai ser que non.
Milonga: daría para un bo relato, si.
Ra: moito obrigado.
A conxurada: Mandala a "Aquí hay tomate" non tería moito sentido, non?
Sarampelo: Si e do primo de Rajoy a caixa está ben posta, porque ese señor sabe moito, moito.
Pois si que é raro o do buzón no medio das árbores a verdade
e grazas polo teu ultimo comentario, se me durás que opinas do último que escribín, espero o teu comentario
O servizo máis valorado?? Será porque non preguntaron no meu pobo.
Que foto máis curiosa!,eu teño a teoría que a caixa do correo púxoa a xunta para notificar ó dono da fraga o pagamento do IBI.
saúdos.
Vai ti saber se hai algún personaxe tipo "o tarzán do Barbanza" ou se os esquíos teñen correspondencia. Quen sabe?
jejeje, vai ti a saber, que últimamente andan escasos de trapallada famosil, e igual por fin se dignan a poñer un tema interesante.
Apertas.
Escribámoslles ás sobreiras.
Imprime o teu post e mailos comentarios e mándao a esa caixa.
Non te esquezas de porlle o remite. Cicais nos resposten...
Din algúns que o sitio do mundo donde hai máis duendes é na Galiza. Pois ben seguro que é o buzon de algun de eles
E logo os seres que vivimos nas árbores non podemos ter correo?, :P
E pois será para min, que vivo nun eido ao que chaman "A sobreira", non porque houbese nel sobreiras cando o merquei(inda que agora hai, porque eu plantei unha en homenaxe), senón porque en tempos viviu aquí unha vella á que chamaban A Sobreira (e sendo vella explícase o alcume), á que non sei se de nova tamén lle chamaban así, ou se lle chamaban así porque neste eido noutrora houbese sobreiras, o cal non sería de estrañar, porque é zona de moita sobreira... Acabei.
cousas do demo.... :)
paréceme moi romántico...
da lugar a miles de historias fantásticas
Non quero nin pensar a que armaría se pasa un de Greenpeace por alí. Continue coa investigación e informe, que me deixa nun sin vivir.
¿E non sera de algún fuxido da guerra, que ainda non se fía?
Moucho Branco reinvindica (e con razón) o dereito dos seres das árbores a recibir correo e non serei eu que llo quite; Fada Branca pensa que a cousa é rara, Mer que é romántica; Chousa da Alcandra suxire que lles escribamos as sobreiras (por min vale, mellor eso que quitarlles a cortiza).
Teorías tamén hai dabondo: a xunta, o Tarzán do Barbanza, os duendes, os esquíos, o demo, un fuxido da guerra. Ben,como diría Acebes, non está pechada ningunha línea de investigación.
Apertas a todos-as.
poetico
quizais a santa compaña deixe ahi unha carta a sua próxima vítima.... onde dis que está? terei que pasarme non vaia ser...
Misterio descoberto, aquí tés a solución.
;-)
Publicar un comentario