domingo, 4 de noviembre de 2007

MEME: 8 DO OESTE


Silvana invitoume a participar nun meme (que carallo quererá decir esta palabra) que circula estes días pola blogosfera. Trátase de facer unha lista de 8 cousas, as que se queiran. Se queredes mais instruccións premer aquí.
Non me gustan moito estas historias pero ¿quen se resiste a un convite feito por unha rapaza monfortina? Así que púxenme a cavilar.
Primeiro pensei en programas de televisión interesantes pero non hai suficientes. Logo tentei escribir unha lista de políticos honrados. Seguramente hainos, pero hoxe non me lembrei de ninguén.
Total que non sabía que facer. Cando xa estaba a piques de ser capturado pola desesperanza veu na miña axuda, montado nun cabalo de magnífica estampa, John Wayne.
E aquí tedes 8 das mellores películas do western segundo a miña modesta opinión. Sen dúbida hai mais, pero penso que esta é unha boa mostra. Están postas por orden cronolóxico.

1- A DILIXENCIA (John Ford, 1939), con John Wayne, Claire Trevor, Thomas Mitchell e John Carradine.
2- RAICES PROFUNDAS (George Stevens, 1952), con Alan Ladd, Jean Arthur, Van Heflin e Jack Palance.
3- SÓ ANTE O PERIGO (Fred Zinneman, 1952), con Gary Cooper, Grace Kelly, Katy Jurado e Lloyd Brigdes.
4- CENTAUROS DO DESERTO (John Ford, 1956), con John Wayne, Jeffrey Hunter, Vera Miles, Wad Bond e Natalie Wood.
5- RÍO BRAVO (Howard Hawks, 1959), con John Wayne, Dean Martin, Ricky Nelson, Angie Dickinson e Walter Brennan.
6- GRUPO SALVAXE (Sam Peckinpah, 1969), con William Holden, Ernest Borgnine, Robert Ryan, Edmond O'Brien e Warren Oates.
7- BAILANDO CON LOBOS (Kevin Costner, 1990), con Kevin Costner, Mary McDonnell, Graham Greene e Rodney A. Grant.
8- SEN PERDÓN (Clint Eastwood, 1992) con Clint Eastwood, Gene Hackman, Morgan Freeman e Richard Harris.

Non lle vou pasar a pelota do meme a ninguén en concreto, pero os que queirades seguir co tema cinéfilo podedes facelo. A min paréceme ben e mesmo vos podo facer un par de suxerencias.
Lista das películas mais vistas en Kuala Lumpur no verán do 93.
Lista de películas de espionaxe feitas en Hollywood e nas que o final ganan os rusos.

34 comentarios:

rosa enriquez dijo...

Boa mañá de domingo Raposo. Aí lle deixo oito das miñas pelis favoritas( non porei o director porque non me lembro de todos):
" Cans de palla", "2046","A caída dos deuses", "2001 odisea do espacio", "O home tranquilo","Historias de Philadelphia", "Metrópolis","Cotton club"... Hai tantas que quedan no ar¡ Pero direille que me encanta o cinema dos setenta. Como western engadiría á súa lista estes:"O home que matou a Liberty Valance" de John Ford e "Inferno de covardes"de Clint Eastwood... Bicos:))

Raposo dijo...

Rosa enríquez: Por suposto que "O home que matou a Liberty Valance" é un dos grandes westerns; con "Inferno de covardes" teño as miñas dúbidas, hai outras de Clint Eastwood que me gustan mais como "O fora da ley", ou "O xinete pálido" (que é unha homenaxe a "Raices profundas").
Bicos de domingo.

milonga dijo...

lista de películas...
non sei, non sei... eu non teño moito gusto cinematográfico asi que m elimitarei a facer unha lista de pelis que non esperaba que me gustasen...

1_ kill bill... porque tanta violencia sen sentido... resulta que me divirte
2_ la vita è bella... e que benigni e máis eu non somos o que se di amigos
3_ todos dicen i love you... allen e goldie xuntos nunha peli? e resulta que me rio como unha tola
4_ a maldición(versión xapo)... bueno, só dicir que son unha acojonada
5_ as pontes de maddison... e que no o vía
6_ little miss sunshine... pois non sei pero en principio me amargaba vela
7_ hable con ella... a menos almodovariana de almodovar, porque será que esta si me gustou?
8_ you are the one... e creanme que non é facil admitir que che gustou unha peli de garci
deica

Son Unha Xoaniña dijo...

Gustoume a idea de facer o meme cas 8 pelis do western que máis che gustaron, e vexo que os visitantes tamén poñen as súas, así que eu vou poñer as que sempre me veñen a memoria cando penso en filmes, que non quere dicir que sexan as millores, nin sequera que sexan boas.
Unha que vin onte de Paul Verhoeven, "El libro negro"
"Memorias de Africa"
"El pianista", "Guantanamera", "El último tango", "Los niños del coro", "Bailando con lobos", "La lista de Schindler"...
Queda claro que non son ningunha cinéfila, so me gusta ver pélis.
Un saudiño.

Raposo dijo...

Milonga: Dacordo con Kill Bill e Hable con ella. Das outras non podo opinar.
Rifo: Boa elección. A de Paul Verhoeven aínda non a vin.

Ra dijo...

Oiga, Raposo, me va a perdonar que no aporte nada, pero estoy con la resaca del puente.
Verdaderamente original el suyo.
Abrazo

moucho branco dijo...

Eu moi de western non son, pero gutoume moito sen perdón e a dilixéncia... a centauros do deserto nunca lle acabei de coller o roio.
Pensaba encalomarche o meme, pero vin que cheguei tarde, :P

BK dijo...

COas opcións que das para continuar con tema cinéfilo non hai moito que poida facer....así que vou pasar....:D

A Conxurada dijo...

Veño a comentar que non teño nada que comentar, pois como non gosto do wenster, pois non entendo.

É unha mágoa non saber máis, terei que obrigarme a ver algunha, a ver se lle collo o gusto.

Apertas.

Mararía dijo...

Vaia, rin ben con que non hai suficientes programas de tv. decentes.

Agora, acábasme de confirmar que es un AÑEJO, xa, xa, entre Ramoncín, Sabina e algunha opinata máis que fixeches tesme desvariando toda a semana. Só me faltaba o do western, pero todavía hai alguén que ve westerns????? Hai, hai, hai, ti todavía quedaches ca resaca da feira do viño de Sober.

Bueno, despois de picarte un pouco direite que Sin Perdón é .... xenial. Claro que eu teño un amor platónico por Clint Eastwood (despois de ver As pontes de Madison suspiro cada vez que o vexo, e eso que vai vello de carallo).

Dame satisfacción de que alguén se acordara de Kill Bill, aínda que me sorprende que das últimas ninguén mencione Sin City.

Raposo, aconséllote, si te gusta o western de verdade, que vexas "A casa dos Mil Cadáveres", "Os Renegados do diaño" e "Ichi the Killer", xa verás como te gustan ben.

Jjajajajejajejajeajjej

Das que se dixo coincido con: "Sin Perdón", "2001 Odisea do Espacio", "Cotton Club", "O Xinete Pálido" (Pero, "Raíces Profundas" non é unha peli porno??), Kill Bill, "La vida es bella", "Memorias de África" (El libro negro aínda non o vin), ...

Xa me contarás. Un saúdo.

FraVernero dijo...

?? Existen pelis americanas nas que gañan os Rusos??

Cosas veredes, Sancho, como dicía o castelán tolo...

Non coñezo o estado da cinematografía en Kuala Lumpur, lamento... Probábelmente sexan cousas subtituladas en inglés. Podo listar as 8 últimas pelis que vin: Conspiracy (non lembro o director), As you like it, de Branagh, a peli dos Simpsons, a Flauta Máxica, de Bergman, Existenz de Cronemberg, Xesucristo Cazavampiros (no comment...), O Herdeiro de Genghis Khan, de Pudovkin, e segunda de Woody Allen na que sae Scarlett...

vermella dijo...

Estou contigo en que non hai 8 programas de tv "decentes" pero sí todo o contrario,hai van oito do peorciño.
El tomate
Gran hermano
La tómbola
A casa de 1906
Ana Rosa
A tres bandos
Corazón,corazón
Paña directo
...........................
Saúdos

Mararía dijo...

Olvidábame de Keneth Branagh, son todas boas, non podería elexir, e acordeime tamén agora da peli aquela - para mi moi boa pero parece que quedou no olvido -, merda, non me acordo do título. Saían Emma Thompson, Kate Winslet, Hugh Grant, ... cando o recorde xa o digo.

milonga dijo...

silvana, esa era orgullo e prexuizo, un clásico de jane austen.

e de keneth brahnagh(¿?) quedome con moito ruido e poucas noces porque está xenial, pero realmente xenial e quen me dese estar neses campos da toscana e non coa humidade compostelá... snif snif

por certo, eu si pensei en sin city, pero como falaba de pelis que pensei que non me ian gustar e logo si pois calei... pero xa xoñecía o comic e vira algo de como se fixera...

milonga dijo...

non silvana jajajajajajajja
era sentido e sensibilidade... dios!!! a literatura feminista do dezanove tenme sorbidos os miolos...

Raposo dijo...

Ra: está vostede perdoada.
Moucho branco: Centauros do deserto ten algunhas actitudes racistas e fascistoides, e un par de escenas claramente mellorables, pero en xeral e unha boa película.
Veca, Fraavernero: As duas suxerencias que dou están postas en plan coña. Supoño que xa se entende asi pero aclaroo , por si acaso.
A conxurada: De tódolos xeitos grazas por pasarte por aquí.
Silvana: A época dourada do western foi dos anos 40-70. Pero eu de pequeno lía a Marcial Lafuente Estefanía, vin tódolas pelis do oeste que poñían na tele, e xogaba a indios e a vaqueros. E eso marca, que carallo.
Amor platónico por Clint Eastwood non, pero considero que é un dos directores mais interesantes que ten hoxe en día Hollywood.
Das pelis que me aconsellas non coñezo ningunha (tomo nota); moi graciosa co de Raices profundas, ja,ja; e do viño de Amandi non vou decir nada. Apertas.
Vermella: moi boa esa lista do malo televisivo. A ver si alguén toma nota e os vai quitando, que vai ser que non.
Saudiños a tod@s.

Mararía dijo...

Xusto, "Sentido y Sensibilidad", ah, é fantástica.

Pero ¿qué facedes todos? En vez de estar traballando andades no blog. uuuuh.

Unknown dijo...

Divertido esto de recordar pelis que che gustaron, eu que olvido tan facilmente....
amelie, el gran dictador, trainspotting, la vida de brian, el nombre de la rosa, blade runner, la lista de schindler y para o final deixo algunha de Woddy Allen, porque se teño que poñerlle nome non me decido....
raposo coma sempre un pracer a visita apertas

Anónimo dijo...

As do oeste gústanme, especialmente cando gañan os indios. Dúas imprescimdibles de indios das que me lembro agora mesmo. "Un home chamado cabalo", e "O pequeno gran hombre", hai máis...

Lapis-vermello dijo...

bonito o blog saudos

BK dijo...

Claro que se entendía raposo, encántame o sarcasmo :D

Suso Lista dijo...

Estamos todos liados cos memes, joder. O teu desde logo merece un dolar de plata.

Raposo dijo...

Extraño: Boa lista, aínda que a min Woddy Allen se me fai algo repetitivo.
Doutora seymour: cando ganan os indios xa é a ostia!
Zanfonista: Benvida e grazas.
Veca: si, xa o supoñía.
Suso lista: penso que non merezo tanto pero xa que insistes quédome coa volta.

Paco Penas dijo...

As dúas derradeiras pelis que vin no cine foron "buscando a nemo" e "a maldición das verduras"
¡Que queres que che diga!

Sun Iou Miou dijo...

Téñolle alerxia ás listas (coa da compra chégame, esa que se fai para non esquecer as cousas que hai que mercar e que queda sempre esquecida no imán da porta da neveira), así que espero que nunca ninguén me convide a elaborar unha.

Mararía dijo...

Ja,a,jjajjaj, esa foi boa, é todo menos porno, jajejjajeaj.

Foi que quedei colgada todo o día co recordo das Raíces Profundas. Agora sí que me pillaches. Jejajejajejaja.

¿Gustoute ou non?

Mararía dijo...

¿Fuches o videoclube xa a alugar as pelis que te recomendei??

Nébeda Piñeiro Barros dijo...

jajajajajaja, vaia suxerencias tan retranqueiras.

Anónimo dijo...

O de Kuala Lumpur está chupao, pero o das que janen os rusos non sei eu...
Todas as que citas están entre as miñas preferidas, e tamén moitas das que vexo por aquí. Asi que, como aquí vale todo,vou poñer outras 8 rodadas ata 1968, ano aquel no que eu cumplin os meus primeiros 20 aniños...
Por orden de aparición:
1. El gran dictador (Charles Chaplin,1940). ¿Que podo dicir? Obra maestra de Charlot, que era moito Charlot.
2. ¡Que verde era mi valle!(John Ford,1941). Vina de neno e ¡gustoume tanto! Quedei enamorado de Maureen O'Hara para sempre...
3.La reina de África (John Huston, 1951). Tiña que poñer unha de Katharine Hepburn, outra reina do cine, e como aquí tamén está Humphrey Bogart, pois mato dous paxaros dun tiro.
4.De aquí a la eternidad (Fred Zinnemann, 1953) con Burt Lancaster, Montgomery Clift e Deborah Kerr. Aquí cambien Maureen por Deborah...
5. La ley del silencio (Elia Kazan, 1954), con Marlon Brando.
6. Canción de cuna para un cadáver (Robert Aldrich, 1964). Aquí quedei prendado de Bette Davis, sejuramente unha das mellores actrices da historia do cine. Olivia de Havilland era máis guapiña, pero...
7.Becket (Peter Glenville, 1964), a miña preferida, con Peter O'Toole, un monstruo, o meu preferido, e Richard Burton, que tampouco era manco.Impresionante man a man.
8. En el calor de la noche (Norman Jewison, 1967), con Sidney Poitier e Rod Steiger.

Perdona a lonxitude do comentario...

busto.agolada dijo...

Lémbroas todas agás Raíces profundas. Todas excelentes. Boa escolla.
Saúdos

torredebabel dijo...

canto lle gustaban ao meu avó estas historias! con canto gusto e ledicia sentábase a velas nun aparello pequeno... Gustoume moito esta escolla!

Raposo dijo...

Dorvisou: a maldición das verduras, mi madriña!
Sun iou miou: Non te apures. Eu tamén lle teño alerxia as listas de espera.
Silvana: pois aínda non fun o videoclube, pero irei un ano destes.
Nébeda: hai bastante retranqua, hai.
Ninsesabe: boa lista, sen dúbida.
Busto.agolada: Pois tes que vela, meu.
Torredebabel: a meu avó tamén lle gustaban, e cantos mais tiros mellor.

Nuca dijo...

Dacordo ca wikipedia:

Un meme es, según las modernas teorías sobre la transmisión de la cultura a las nuevas generaciones, la unidad mínima de transmisión de la herencia cultural. El neologismo fue acuñado por Richard Dawkins, debido a su semejanza fonética con el término gen (introducido en 1909 por Wilhelm Johannsen para designar las unidades mínimas de transmisión de herencia biológica) y, por otra parte, para señalar la similitud de su raíz con memoria y mímesis.

A partires de eiquí moita xente esta a traballar sobre os memes e hai unha bibliografía abundantísima sobre mémesis.

Con respecto o autor Dawkins, eu nestes momentos estou a ler o seu último libro: El espejismo de Dios. Altísimamente recomendable, especialmente para os que ainda non son ateos practicantes.

Anónimo dijo...

Occam: agradécese a información.