A mediados dos anos 50 Celso Emilio Ferreiro escribiu un soneto dedicado a Franco, o noxento dictador que asoballou España con man de ferro e, eso si, " por la gracia de Dios”.
Cincuenta anos mais tarde recórdoo nesta cova porque hai feitos que non deben esquecerse e sinistros personaxes dos que é conveniente seguir lembrando quen foron e que fixeron.
Cincuenta anos mais tarde recórdoo nesta cova porque hai feitos que non deben esquecerse e sinistros personaxes dos que é conveniente seguir lembrando quen foron e que fixeron.
PACO EL CABRÓN
Cabrón por vocación y por ralea,
cabrón por los costados y entresijos,
cabrón por la mujer y por los hijos,
cabrón de una prosapia gonorrea.
Cabrón que nos estruja y merodea,
con cabrones negocios de amasijos,
cabrón de bancarrotas y de alijos,
cabrón que nos escupe y que nos mea.
Cabrón de la cabrona clerecía
que ensalza tu cabrona tiranía
del gobierno cabrón de Misa y torta.
Y aquí mi cabronada acabaría,
pero hay un cabrón mas, todavía,
que es el pueblo cabrón que te soporta.
Cabrón por vocación y por ralea,
cabrón por los costados y entresijos,
cabrón por la mujer y por los hijos,
cabrón de una prosapia gonorrea.
Cabrón que nos estruja y merodea,
con cabrones negocios de amasijos,
cabrón de bancarrotas y de alijos,
cabrón que nos escupe y que nos mea.
Cabrón de la cabrona clerecía
que ensalza tu cabrona tiranía
del gobierno cabrón de Misa y torta.
Y aquí mi cabronada acabaría,
pero hay un cabrón mas, todavía,
que es el pueblo cabrón que te soporta.
31 comentarios:
Un criminal que deixou herdeiros de sangue e ideas. Un criminal que nuncas foi xuzgado nin inhabilitado.
Un saúdo
Moi bo o poema de Celso Emilio Ferreiro.
É que Dios ten un chistes do carallo. E logo non queren que nos volvamos descridos.
buah, nunca o lera. boísimo.
o outro día na miña facultade oín dicir a algún ignorante que era moi fácil ser Celso Emilio...
Non coñecía o soneto e a verdade e que non ten desperdicio...
Apertas
Qué razón os últimos versos do poema... cabrón o pobo por ter aguantado o inaguantábel.
Un saúdo, raposo.
pensei que nunca ia decir isto, pero gustoume o teu homenaxe o caudillo de todalas espanhas libres y que nunca podran ser grandes...
y que perdoe o macho da cabra, que tampouco fixo tanto mal pra ser tan renombrado.
apertas pra non pasar frio na cova
Muy bueno.
Besos
O gran mestre Celso Emilio dános neste poema outra gran lección de escarnio e maldicer. Merecida e obrigada. Non se foi anterior ou posterior á Viaxe ao país doa ananos, pero está na mesma liña. E nos Poemas de escarnio e maldicer.
Saúdos.
Eu tampouco o coñecía este soneto tan dulce pra o cabrón a quen vai dedicado. Moi bo.
E o cabrón segue a ser Fillo Predilecto da Coruña...
jejeejejeee...ahí estamos...
Erm... eu permitireime ser nalgo a voz discrepante, claro. O poema ten moi mala leche, certo, pero esquece algún outro pecadillo de xuventude do autor, no que non alcumaba precisamente de 'cabrón' ao vencedor do bolchevismo nos campos de batalla (sic).
É cómodo xulgar ao pobo con dureza. Mais foi ese mesmo pobo o que, en condicións terríbeis, sen medios e sen apoios, se enfrontou durante 3 anos nunha intensa Guerra Civil contra o feixismo e 'o cabrón' que despois tería que soportar. Algo máis do que fixeron alemáns ou italianos, vaia. E a maioría dos europeos que caeron baixos reximes 'autoritarios' no periodo de entreguerras.
A derrota foi,de certo, completa, sanguinaria. E esmagadora. Aída anos despois, cortou a ruptura co réxime, e obrigou a transixir e negociar cos seus sucesores, porque a esquerda ou non tiña forzas para tirar doutra maneira o réxime, ou simplemente, xa non estaba por esas...
Entre esa esquerda, o PESOE no que daquela militaba Celso, por certo...
Todo o cal non pretende ser un xulgamento sobre Celso, un poeta ao que respecto e que me gusta moito en poemas e libros concretos. Non é un problema de estética, senón de xuízo, e de ter coidado de guindar as pedras pa que non nos retornen. Vexan ao Inquisidor de Nazis Gunter Grass tendo que admitir que foi das Waffen SS de moziño...
40 anos de atraso e represión!! Pero se iso é grave, todavía é peor utilizar o pasado para establecer un falso paralelismo coa situación actual.
Gran verdade todo o que di Celso Emilio Ferreiro.
Por certo, moitas gracias polo teu apoio. Eu fago o que poido, pero un caso aislado non sae nos medios de comunicación. Non creas que non o intentei.
Que grande, Celso Emilio. Que cabróns os que no día de onte lle renderón honras a un Ninguén.
Pois si, pois si, cheo de razón
canta verdade e canto lirismo!
Xenial Celso Emílio, coma sempre. O Paco asasino, o cabronazo con denominación de orixe por antonomasia, é o verme mais inmundo que paríu esta terra por xeneracións.
Sabedes que no diccionario a terceira acepción de cabrón é:
marido o que a súa muller lle é infiel,particularmente cando o consinte?
as outras dúas non se poñen en dúbida.
bicos.
O que esté libre de pecado que tire a primeira pedra. Hai moito cabrón polo mundo,moitos aínda viven, este sen dúbida é un deles...pero o pobo non, que bastante tivo, Celso tampouco está por riba do resto do pobo, que alguén me conte o que fixo, denunciou como fixeron moitos, calou doutras como fixeron moitos, cadaquén utilizou os medios que tiña, algúns pouco tiñan.
Un bico
moitas máis cousas que cabrón se lle podían chamar... pero eu voume abster de comenterios agresivos, e só dicir que mágoa que a poesía xa non teña o pulo que tiña antes, porque o certo é que se din tantas cousas e de tantas meneiras diferentes...
boa elección...
estiven acordandome dos vinilos onte, fai semanas que non vou a aldea, dame unha suxerencia para poñer... eu pensaba en leonard cohen pola malancolía destes días...
Moi boa homenaxe, entre ti e máis o apátrida non deixades nada para engadir, asíque asiño todo o que dís e festexo este poema de Celso Emilio, fantástico.
Únha aperta.
E cabróns todos os que todavia o vitorean, os que viven da sua herencia...
Nota aclaratoria: coido que cando Celso E. Ferreiro fala do "pobo cabrón" se refería a determinadas capas sociais que apoiaron o dictador: o clero, a aristocracia, a Falanxe, tódolos que se arrimaron e medraron a carón do Movemento Nacional...
Por suposto que houbo un pobo que loitou na medida do posible, e cos escasos medios dos que dispuña,contra Franco. O poeta de Celanova tamén, a sua maneira.
Saúdos antifranquistas a todos-as.
Milonga: Leonard Cohen é moi boa opción. Hai uns versos del que me encantan:
"Como un paxaro nun aramio,
como un borracho de madrugada,
intentei a miña maneira ser libre".
Javier Krahe (admirador de Cohen,por certo)poder ser outra opción: polo humor, pola ironía,o gusto pola rima.
Apertas.
rin co poema que non coñecía
Lamento discrepar pero dende o meu punto de vista apoiar non é soportar, creo que o poeta nese intre esbarou...vaia polos momentos nos que nos fixo abrir os ollos.
Bicos
Moi bo, a pena é que este cabrón e as súas ideas sigan vivas dentro de moitos.
Cada día gústame máis Celso E. Ferreiro, carallo!!!
AMEN
Permitome publicar parte doutro poema do grandisimo Celso Emilio Ferreiro dedicado a esa entrañable parella de verde q él tanto odiaba. Non recordo o poema enteiro así q poñerei unha parte.
Helos aquí, la Carmen y el Pacomio
camino de la barca de Caronte
tendría yo q ser un xenofonte
para entender la hez de este binomio.
Más como no lo soy diré mi encomio
al padre tiempo autor de este desmonte
de esta imagen senil, de este bifronte,
retablo de la momia con su Momio.
Publicar un comentario