miércoles, 20 de febrero de 2008

ROSENDOMANÍA


Onte remexendo en papeis de vellas carpetas para facer algo de limpeza atopei unha entrada dun concerto que Rosendo deu no 96 no pavillón do Berbés en Vigo e unhas liñas torcidas, caoticamente escritas nun folio.
Daquela Rosendo Mercado viña de publicar o seu oitavo traballo en solitario “Listos para la reconversión”. 12 anos despois segue dando caña e segue a ser ese rockeiro legal e incombustible. Esto é o que escribín aquela noite na barra do bar o rematar o concerto, xusto despois de pedirlle o camareiro un cubata de ron, bolígrafo e papel, mentres os colegas ían saíndo a enfrontarse co aire frío da noite e no local aínda levitaban as esencias do rock do madrileño.


Sales y cantas como un resorte
rockero de Carabanchel;
tus melenas, bandera al viento,
la honestidad a flor de piel.
Hijo del barrio y su alambrada
detrás de una guitarra está el placer,
unas cañas en el bar de siempre,
los amigos de la niñez.
Hiciste un hogar de la carretera,
del rock and roll oro de ley,
de tus canciones himnos urbanos,
la rebeldía contra el poder.
Esta noche tu música incendia el aire.
Esta noche todo es rock en el Berbés.


Banda sonora: Listos para la reconversión.

31 comentarios:

vermella dijo...

Esta si que é unha homenaxe ben bonita,estariache "agradecido" si o soubese,un artista preferido que tamén é un home coherente co seu tempo e o seu mundo,leín nun xornal que IU fixeralle unha homenaxe por eso mesmo por consecuente.
sigue tolo por incordiar e a mín encántame,cando estivo con M.ríos na Coruña fun velo pero xa choveu..........
bicos.

Mararía dijo...

Estabas ben inspirado!!

tangaranho dijo...

Ui, que IU te homenageie pola tua coerência sona a algo assim como ao abraço do urso...som detalhes desses para mosquear-se, como o de Cuevas piropeando a Camacho...IU dando marchamos de coerência...mon dieu...

Rosendo segue a ter essa áurea de bardo das ruas e calejas, claro que, ao meu juízo, já lhe faltam ideias e energia...

Suso Lista dijo...

Eu tamén son moi Rosendiano Leñero

busto.agolada dijo...

Fermosas palabras que agroman da devoción e da emoción.
Saúdos

Mar e Lúa dijo...

Si señor... Incombustible Rosendo, un rockeiro dos que xa quedan poucos

A Conxurada dijo...

Opino como silvana, boa inspiración.

Mer dijo...

E enviáchesllo? Hoxe en día, con isto do internés, sería moito máis doado.

Os novos artistas teñen moito que aprender destes GRANDES de sempre.

Bicos.

Anónimo dijo...

Carallo para o cubata. Inspiroute ben.
Rosendo é un fenómeno. Eu aínda poño de vez en cando o "Leño en directo".

Anónimo dijo...

Onde esté o rock ke se kite kalquera cousa. bonito artigo. visita www.dagolada.blogspot.com

Raposo dijo...

Vermella: Rosendo volve a empezar unha xira a mediados de marzo. Esperemos que pase por Galiza.
Silvana, A conxurada: o rock e os cubatas inspiran de carallo.
Tangaranho: home, o das ideas é discutible; enerxía ten a de sempre, moita, dabondo.
Suso lista: Como debe de ser.
Busto.agolada: devoción é unha palabra forte pero quizais si, quizais lle teña mais devoción a Rosendo que a Virxe do Carme, poñamos por caso. Sen quizais.
Mar e lúa: sobre todo incombustible, alleo as modas e a coherencia por bandeira. O que non é pouco.
Mer: non llo enviei pero o mellor un dia destes fágoo.
Paidovento: Eu tamén sigo escoitando a Leño, "si señor, si señor".
Dagolada: Visitarei, visitarei e grazas por pasar pola cova.

Apertas a tod@s.

Nuca dijo...

ponlle música, anímate

Anónimo dijo...

Aínda que non me ideintifique moito coa súa música, e non conecte con ela malia que comparta a idea das mensaxes, si que teño que recoñecer que me merece todo o respecto precisamente por sen tan consecuente cos seus sentimentos, e o seu xeito de sentir e expresarse a través da música ao marxe das modas que van e veñen.

Anónimo dijo...

Eu tampouco son das fans de Rosendo pero a todos se nos enche a cova de respecto perante os homes de principios.

Marinha de Allegue dijo...

As letras das cancións de Rosendo rexistraron unha época nas nosas vidas...

Unha aperta.
:)

Raposo dijo...

Occam: a música xa a pon el, e da boa.
Doutora seymour,Vakastolas: no do respecto concordo con vostedes.
Marinha de allegue: unha boa época, ademais.

Apertas.

Anónimo dijo...

A ver cando postexas algo de Los Enemigos que xa vai sendo hora jejeje...!!

Alexan dijo...

Rosendo é intemporal, un clásico fiel a se mesmo e os que gustan das suas coordenadas musicais. Fermoso homenaxe o que plasmache nese poema sinceiro e human que tamen fala de insurrección contra o poder.
Parabens
Unha aperta con sabor a rock

Torreira dijo...

Gostei gostei desta homenaxe rosendiana na cova do raposo.Apertas

Paz Zeltia dijo...

ay graciñas, raposiño bonito, por recordarme a Rosendo, que xa o tiña esquecido...

"Soy pregonero del negro
y tengo en cama la opinión,
sé que no existe el infierno
¡qué desilusión!"

mamaíña, alá foron 25 anos, ou por ahí lle vai!

mira tí o que fixeches, volvíchesme o domingo nostalxico...

bueh, o fin.. "es solo una canción, y me siento mejor"

Pau dijo...

Pois si que estabas ben inspirado esa noite. Saliuche unha letra ben pegadiza

Raposo dijo...

Ekis 1331: Boa banda de rock Los Enemigos, e amigos de Rosendo ademais. Josele ten colaborado con el nalgunhas ocasións.
Apátrida: "Fiel a si mesmo", estas verbas definen exactamente a Rosendo. Perfecto.
Torreira: gostei de que gostara.
Zeltia: Grazas por traer a Ilusión desa letra de Leño.
Pau: non sei se saiu ben, foi feita con cariño, eso si.

Anónimo dijo...

San Teleco é unha gran festa para os universitarios vigueses, daquela e agora. Ainda que ven pensado, todas as festas na universidade son grandes :D

Non son moito de rock, pero estiven nun concerto de Rosendo unha vez en Ferrol, fai xa oito ou nove anos.

milonga dijo...

que sería da vida sen a música dos grandes rockeiros... eu crecín con leño e rosendo na casa... non é que coñeza moito a súa música, pero se oio algo penso inevitablemente no meu irmán máis vello, e ese pensamento faime sorrir

moucho branco dijo...

um... sentida homenaxe a un poeta urbán onde os haxa, amigo raposo. Rosendo non é o meu, pero é un persoaxe que proxecta a súa sombra en case 30 anos de rock español.

Mararía dijo...

Rajoy que se vaia preparando que en canto perda as eleccións, o partido supoño que o liquidará do panorama. É bastante pésimo o pobriño.

Eu xa teño o sobre preparado e a bo recaudo para o nove de marzo, porque eu sigo votando por Galicia: B.N.G.

fucafuca dijo...

Marabilloso Rosendo, (se exceptuamos a do picaporte, xa me entendes)

Por outro lado, parabéns polo blog que acabo de descobrer e no que entraremos mais a miudo

Apertas

Raposo dijo...

Automator: San Teleco é a ostia, Rosendo tamén.
Milonga: parece que o teu irmán ten bo gusto musical.
Moucho branco: 30 anos dícense pronto pero son poucos os que aguantan tanto.
Silvana: a Rajoy que o cepillen canto antes. O que veña non será mellor pero peor tampouco.
Colectivo literario sacou:Benvido a cova.

Anónimo dijo...

Rosendo é un dos meus. Aí sigue, dando caña, camiñando cara os 60 anos.
Está claro que os vellos rockeros nunca morren.

Anónimo dijo...

Moucho: acolloante o poema, estou pasmado.

Anónimo dijo...

Perdoa raposo, pensei que estaba facendo un comentario ao blog do Moucho. Cousas dos "chips" mentais e quizais dos 61 anos que teño.