viernes, 28 de marzo de 2008

AUSENCIA

Demasiado tempo na corda frouxa
facendo equilibrios entre a escuridade.
Sarabia con forza e os berros
estalan sempre mais cerca;
coitelos afiados no medio das ruínas,
o xabre esmagando as camelias
que con agarimo vimos medrar.
A esperanza, o desexo,
son curtos intervalos de tempo.
Esa foto, os bicos de media noite,
a cama compartida, aquela luz,
están nese lugar
onde xa nada ten sentido
e que por eso descoñecemos.
Non direi en voz alta o teu nome
nin o que sinto agora.
Ficarei só e calado
asomado a bufarda da tristura,
á beira destes días de estrañeza,
á beira dun leito baleiro e insomne
e un faiado onde se agochan medos antigos,
á beira de estrelas con resaca
nesta república da noite,
peneirando un curso de amor a distancia
que nunca fun quen de superar.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

"o q naufragou, teme ante as olas tranquilas" Ovidio

Ánimo!

albagal dijo...

Que bonito! Que sensibilidade!

Un bico :)

vermella dijo...

Quedo abraiada de tanta beleza e sentimento,"un curso de amor a distancia que non fun quen de superar"!!!!!!!!!!!!
Non sei ben porque pero recordo uns versos de Benedetti que deixo aquí:
A tristeza non é unha
maldición sino apenas
un sinal de vida
a tristeza e os blues
irmananse no sono
e cando espertamos
somos todo nostalxia
un sinal de vida
eso é a congoxa
sen dúbida porque fumos
feitos de sentimento...........

Se non é así é parecido.
bicos

Mararía dijo...

As relacións son difíciles e máis se os dous contendientes van armados, non hai guerra que non se pelexe e cada vez faise máis feroz.

Ben bonita a forma de describir que xa non quedan loitas e todo remata, aínda que a tristura continúe un tempo.

Saudiños.

Anónimo dijo...

Os amores en curso, sempre mellor corpo a corpo. O adeus, tamén.

Unknown dijo...

entre tanto sentimento perdeu vostede o norte raposo, non existe o amor a distancia, e una fabulación na que moitos prefiren creer, pero teña coidado nese mares ignotos tolearon oso mais bravos piratas, leve pois un GPS pra non perder a cordura

apertas con retraso e con retranca

Nuevo Ícaro dijo...

Graciñas pola tua visita Raposo,
un texto ben férmoso, tal vez o mellor sexa esquecer. Voltarei.

São dijo...

Parabéns!!
Saudações.

Anónimo dijo...

A hostia de triste meu... o que inventou o curso de amor é un farsante, nin caso, non te deixes afundir que te están a estafar... o tempo non cura (é un tópico) pero depura as malas sensacións... paciencia.

A Conxurada dijo...

Encantoume, e cada vez que o leo gústame máis.

Mer dijo...

Todos tivemos ausencias algunha vez, esta é unha fermosa forma de transmitir os sentimentos que xurden desa "morriña de amor"

Unha aperta

Jonas dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

eu sempre quixen facer un curso a distancia, pero de desamor.

Mar e Lúa dijo...

Amor e distancia son palabras que nunca deberían ir tan pegadas...

Pareceume precioso o texto. Moito ánimo e sorte con ese curso!

Cuspedepita dijo...

Creo que soubeche trasladar con moita maestría os sentimentos, raposo.
Como ti ben dixeche, todo acaba un día ou outro...
Eso sí, todo pasa...e a ausencia chegará por deixar de notarse.
Parabén polo teu blog, é un dos meus preferidos.

Marinha de Allegue dijo...

Fermoso levoume a unha música que che deixei no teu correo...

Unha apertaaaa.
:)

Son Unha Xoaniña dijo...

Fermoso e cheo de nostalxia.
Non é facil sacar adiante un amor a distancia, nin con cursiños.
Apertas.

São dijo...

Estrelas com ressaca : imagem estupenda!!
Feliz semana.

busto.agolada dijo...

Fermoso poema, mais derrama moito pesimismo. Mesmo as ausencias deben ser afrontadas con optimismo. A ver se os próximos versos estalan no aire coa ledicia e a esperanza.
Anímate para a Xuntanza.

moucho branco dijo...

o sentemento de ausencia dame arrepíos... quizais é unha das emocións mais duras. Fermosos versos.

Anónimo dijo...

Daquela ese curso non era para vostede, mágoa que non se poidan devolver, sempre queda algún apuntamento, cd ou libro estrado pola casa, sempre preto da cama. Esquíveo... xa virán tempos mellores. Fermoso final para un poema.

R. A. dijo...

Un poema ben bonito, con algún que outro momento cheo de fermosura lúcida ("non direi en voz alta o teu nome/ nin o que sinto agora").
Noraboa.

Anónimo dijo...

( 12-10-09 )

"Vinche buscar novamente ó mar; mais o mar, non me cuspe o teu ollar; só me devolve en escuma, as bágoas salgadas de DOR que non podo ceibar.

Xa chora, por min o mar.

Xa fala, por min o vento; ¡nova ningunha me trae.

E escoito na escuma das ondas suicidas, o meu propio valeiro de voz: ¡meu amor, atópame ti, que os meus ollos pes fican aínda cegos.

Camiño de vagar con eles pola escuma do ceo; desacougada na percura do meu inquedo ollar: ¡onde estás meu amor, por onde soas, por onde camiñas; ¡volta co mar volta no vento volta na auga e salga de escuma os meus ollos secos de mar"

Tralécxe