No primeiro debate televisivo o Sr. Rajoy non sabía o que era un bonobús. No segundo, cando Zapatero dixo que España firmara acordos para a repatriación de inmigrantes cunha decena de países africanos, Rajoy pregúntalle: “¿Una decena son diez?” Parece que non estaba seguro e Zapatero tivo que decirlle que si, que eran dez.
Agora entendo porque os do PP din que hai que reformar o sistema educativo. Obviamente, con Rajoy non funcionou.
E si a esto engadimos que nalgúns asuntos se deixa asesorar polo seu primo (o do cambio climático) apaga e vámonos.
De vista tampouco anda moi ben e non o digo polas gafas. Lembrarédesvos de canto confundiu con “hilillos de plastilina” o regueiro negro e noxento que saía do Prestige.
Do insulto permanente como forma de facer oposición, do pesimismo exacerbado, da mentira, da xenofobia, do recorte de libertades, do desprezo polas institucións democráticas, de “ se rompe España”, do odio os nacionalismos, da utilización partidista e repugnante do terrorismo, de todos estes feitos, que son a súa alforxa política o longo destes últimos anos, case mellor non falar.
Que o domingo os votos nos libren deste elemento retrógrado e perigoso no poder. Amén.
Agora entendo porque os do PP din que hai que reformar o sistema educativo. Obviamente, con Rajoy non funcionou.
E si a esto engadimos que nalgúns asuntos se deixa asesorar polo seu primo (o do cambio climático) apaga e vámonos.
De vista tampouco anda moi ben e non o digo polas gafas. Lembrarédesvos de canto confundiu con “hilillos de plastilina” o regueiro negro e noxento que saía do Prestige.
Do insulto permanente como forma de facer oposición, do pesimismo exacerbado, da mentira, da xenofobia, do recorte de libertades, do desprezo polas institucións democráticas, de “ se rompe España”, do odio os nacionalismos, da utilización partidista e repugnante do terrorismo, de todos estes feitos, que son a súa alforxa política o longo destes últimos anos, case mellor non falar.
Que o domingo os votos nos libren deste elemento retrógrado e perigoso no poder. Amén.
25 comentarios:
Eu creo que o peor de Rajoy non é Rajoy. É, con diferencia, todo o que rodea a Rajoy. Foi incapaz de renovar minimamente o partido, e agora ten a Acebes, Zaplana, Aznar, Fraga, Espe e compañía movéndolle mans e brazos como unha vulgar marioneta, ao seu antollo.
Bueno, Fraga non o move porque non ten forzas. Pero de cando en vez segue soltando barbaridades, que ten o mesmo efecto negativo.
Igual me equivoco, pero Rajoy vai perder as eleccións por unha razón principal: non cre que as poida gañar. E así... é imposible.
A esa lista de "marianadas" que fas no penúltimo parágrafo eu aínda lle engadiría unha máis que me dá bastante rabia: os collóns que ten de utilizar ás víctimas do terrorismo e ós máis indefensos (enténdase a famosa "niña de Rajoy", mulleres maltratadas ou o que se vos poida ocurrir) para dar pena e atacar ó rival a través de mentiras e deformacións da realidade.
Rajoy é un segundón de primeira: o seu lugar está nun segundo plano, soltando frases retranqueiras de cando en cando, non intentando ser o cabecilla e dando a cara... Non é capaz, non sabe.
Ogallá os votos o aparten. ogallá algún día nos poidamos apartar desta caste de política e políticos, destas campañas electorais para asíduos da prensa amarela ou negra. saudos.
Amén.
Eu secundo a moción proposta por Raposo. Amén.
excelente: pódese dicir máis alto pero non máis claro. señor raposo, chapeau!
Eu estou con Bautista, ten no partido os maiores mentireiros fascistas (case, ou sen case) que deu a historia actual de España.
Amén digo eu tamén, a ver se a xente vai votar, e non se queda na casa durmindo a resaca.
Só poido decir "AMÉN" en letras ben grandes e moi claras.
non teña vostede medo que ese caliz xa esta a medio apartar...
de feito penso que a marianito, non lle interesa loitar polas eleccions y prefire que se desgaste este goberno sociata con ese novo periodo economico que os analistas estiman, ameaza crise para nas proximas atacar direito a yugular...
senon e imposible de explicar todas as barbaridades que fixeron, dixeron e marianito permiteu...
asi que de momento durma vostede ben tranquilo pero non perda de vista a estes depredadores porque cando cicatricen as feeridas y estean de novo con forzas volveran a intentar depredar neste pais y os que se deixen...
unha aperta compañeiro
sospeito que, se gaña, a época de aznar vai parecer unha parvada ao seu carón...
tamén un amén moi grande pola miña parte
Este post vai ser a miña oración de hoxe e mañá con un AMÉN ben grande.
Votar é a úneca cousa que está na nosa man para mudar as cousas, ademáis hai opcións para tod@s, por moito que se empeñaron no bipartidismo.
Apertas,
Apartanos,Oh Señor, dise bipartidismo noxento.
Pois nas nosas mans está. Parece que aínda hai ben xente que "comulga", si, comulga tamén cas ideas do PP. Ahí están os votos. Tampouco vemos a electricidade, pero está ahí.
Onde se agochan, onde teñen os seus cochos
Que vas pedir dun tipo ao que apoian xente como Lina Morgan, Arturo Fernandez e Norma Duval. Pois que siga anclado nos tempos qen que estes eran estrelas
Pau: sorpréndeme o de Lina Morgan. Vin fai pouco na televisión unha reportaxe dos anos 80 no que pedía o voto para o PCE. ¿Tanto cambiou esta muller?
Grazas a todos-as pola visita. Si as opinións que aquí se dan tiveran unha relación directa co que pase nas urnas os resultados do PP serían catastróficos, que é o que merece.
Non atopo un lugar para desafogarme máis idóneo que este,estou decepcionada cos resultados,o pp perdeu e eles non o dín,é máis gañan votos e esto dálles novas forzas,onte na porta da súa sede xa había tarados que berraban " a por ellos",e "Zapatero dimisión",a mín dáme moito medo que estén a ocurrir estas cousas e fáime máis firme na miña teoría de que os extremos se tocan nun punto e estes son tan antidemocráticos como outros demos que andan por ahí,os meus manteñense pero a mín non me parece un bo resultado xa que si están gobernando en galicia nun goberno de coalición poderían poñer o listón máis alto....
En fin Raposo perdoa pero necesito desafogar,cabreame que todo dios gañe menos eu,mira que levo anos así pero é que son unha inconformista.............
bicos.
Vermella: tendo en conta o bipartidismo deste pais (apoiado totalmente polos medios de comunicación) e que nestas eleccións ía haber moito voto útil a favor sobre todo do PSOE, os resultados do BNG parécenme bós. Mantivo o tipo e mesmo subiu algo en porcentaxe de votos, o cal esta bén dadas as circunstancias.
E a posibilidade de ser decisvo en Madrid o coloca en boa posición para afrontar as vindeiras eleccións autonómicas.
Mágoa que o PP non sofrira un descalabro que o obrigara a reconsiderar a sua extratexia e a abondonar as posturas de extrema dereita dalgúns dos seus dirixentes.O PP necesita unha renovación pero como mellorou resultados e diputados, a pesar de perder as eleccións, pode que non o faga. O os berros dos hooligans cando Rajoy saiu a falar tampouco invitan o optimismo: en vez de pensar que algo farían mal, seguen inmersos no insulto e na crispación. Hai anos que o PP se botou o monte e parece que quere seguir asi nesta nova lexislatura.
Esperemos que recapaciten.
É imposible que o PP recapacite cando ve como aumenta o número de votantes e de escaños. Para min foi unha decepción enorme, ver como o comportamento destes desjraciados durante catro anos danlle máis votos e máis diputados. Un saúdo.
Tiñas que pór aí esa foto, neno? Outro susto destes e non volvo pisar neste blog! (^_^)
A mesma reflexión que lle fas a vermella fíxna eu hoxe, e tamén teño o mesmo sentimento, cando será o día que o pp se descalabre!
Apertas.
Pablo, Rifo: parece que hai unha parte importante da sociedade que lamentablemente gusta deste fanatismo de extrema dereita e de crispación. Guías non lle faltan: A Cope, Jímenez Losantos, Rouco Varela, Cañizares, Aznar, Rajoy, e un largo etc.A ver si pouco a pouco nos volve o sentidiño.
Sun iou miou: puxen a foto na que sae mais favorecido. Tiñas que velo cando está cabreado.
Apertas.
uff!!! eu estaba tan asustada de que gañase que pedinlle o meu compañeiro que se rajoy se facia co poder pedise que o enviasen a arxelia porque preferia o autoexilio... pero todo vai saindo... mais ou menos como ten que ser... creo
Parece que a túa oración deu resultado.
Por máis voltas que lle dou aínda non consigo entender que teñan unha porcentaxe tan elevada de votos, hai moitos millóns de personas que non ven o que nós vemos, por qué? fan todo mal, mal, mal, opositan co insulto fácil, uf... non me quero quentar...
Publicar un comentario