miércoles, 12 de marzo de 2008

TEMPESTADE

Alguén soña, na beira das augas, historias imposibles que repousan na area que as gaivotas percorren con sandalias de escuma. Un neno agochado entre as rochas; os pescadores sempre rozando a traxedia; o porto na espreita tensa do retorno. No fondo do arrecife os peixes dormen boca abaixo compartindo a sal, que todo o invade, cos tesouros de perlas. O mar escacha contra os cantís, un mar de eternidade e furia bate os cons, asolagándoos. As barcas semellan fráxiles paxariños no medio da tempestade, os diques son presa fácil para ondas de 13 metros e Neptuno sentado no peirao sorrí retranqueiro mentres olla cara os seus dominios embravecidos. Dende as regandixas que o tempo deixa abertas, vexo como o remuíño do Maelstrom vai chapando dornas, falúas, trinquetes, cordas, toneis, nun black hole vertixinoso que se afasta, que se afasta, que se afasta, o compás do ring-ring dun espertador color gris metalizado.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

O malo dos soños e dos pesadelos é cando espertas e te decatas de que non están tan lonxe da realidade.

Bicos

Bautista dijo...

Pois si, non están tan lonxe. No paseo marítimo da Coruña ou en San Sebastián poden dar boa fe diso...

Bo relato, gustoume

Mararía dijo...

Aínda que causa unha morea de danos, hai que recoñecer que é un dos fenómenos da natureza máis fermosos. O mar embravecido é extraordinariamente atractivo.

Un saúdo. Moi bonito o texto.

fucafuca dijo...

caralho com o raposo!!!

Sun Iou Miou dijo...

Veñan é tempestades destas!

Suso Lista dijo...

Sei ben do que falas...

d´Agolada dijo...

Que foto máis impresionante, tes un blog ben bonito. Por certo encántame a cabeceira, sobre todo o de libre de impostos. Saúdos dende d´Agolada

Anónimo dijo...

A natureza ten o don de amosar a súa beleza máis abraiante aínda cando loita contra nós.
Fermoso texto.

busto.agolada dijo...

Moi oportuna esta disertación literaria que reflicte fielmente como os tambores do mar estiveron a repicar sobre as costas cantábricas e atlánticas e sobre os nosos temores.
Unha aperta

asbeirasdoarnego dijo...

soñar é unha das cousas máis bonitas que nos poden ocorrer. aínda que os fenómenos naturales son desastrosos, eu non sei por que, son un verdadeiro amo deles... pásate polo meu blog www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Mar e Lúa dijo...

Hai poucas cousas máis bonitas (e temidas á vez) que o mar en plena tempestade.
Moi bonito tamén o texto :)
Unha aperta!

Ra dijo...

Por un momento me he visto en medio de esa tempestad, esperando que suene el despertador, Raposo...qué bien contado.
Mua.

Carlos Sousa dijo...

bo post e un bonito e ben estructurado blog, enhoraboa.

Che informo que puxemos este blog na lista de enlaces da nosa bitácora. O blog é moi reciente e ainda está un pouco verde, pero xa madurará. Calquera axuda para mellora-las nosas visitas será benvida (Poñer un enlace no teu BlogRoll, por exenplo, jejeje).

Aproveitamos este comentario para enviarche un saudo.

A nosa dirección e: http://areasfs.blogspot.com e o noso Emilio: areasfs@gmail.com

Anónimo dijo...

Para Maelstrom, o electoral, no meu caso foi devastador, sobre todo aquí, no centro da península, onde calquera referencia o mar (máis para un galego) resulta morriñeira, incluso cando se trata da súa bravura, unha bravura que á fin é sempre inocente e normalmente consecuente...

São dijo...

Ainda tenho marcada a profunda impressão da narrativa de Edgar Poe...
Feliz Páscoa, raposinho.