domingo, 15 de junio de 2008

RAMONCÍN E TOP MANTA


Pois si. Merquei o último recopilatorio de Ramoncín, Memoria Audiovisual 1978-2008, que está composto por 2 CDs (que fan un recorrido polas súas cancións mais emblemáticas) e un DVD (no que se inclúen actuacións en TV e un concerto acústico en directo).
Pois ben, a información que se nos ofrece na contraportada con respecto a duración das cancións do DVD é falsa. Exemplos:
Marica de terciopelo: segundo a contraportada dura 11, 28 m; duración real: 3, 01m.
Blues para un camello: segundo a contraportada dura 2,08 m; duración real: 1, 34 m.
Rock and roll duduá: segundo a contraportada dura 3, 26 m; duración real: 2,31 m.
Chuli: segundo a contraportada dura 2,08 m; duración real: 1,07 m.
As oito primeiras cancións debían durar 35,56 m. En realidade duran 23, 56 m. ¿Onde están os 12 minutos que faltan? Xa non quixen seguir contabilizando o tempo das outras cancións.
O certo é que me sinto estafado. Pode que estes fallos haxa que computarllos a casa editora (neste caso EMI) pero sorpréndeme que Ramoncín ( tan a favor da honestidade, tan adaíl do xogo limpo, tan crítico coa piratería, tan en contra da picaresca) non controle e supervise estes detalles. Porque neste caso quen engana é el. Xa se sabe, na casa do ferreiro coitelo de pao.
Se fora agora mercábao no top manta. Eses minutos seguirían faltando pero polo menos sairíanme moito mais baratos.

26 comentarios:

Silvana dijo...

De seguro que no top manta viña completo. Jjajajaj. Mira que mercar algo de Ramoncín ....

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Eu a verdade e que nunca vin un disco de Ramoncín, nin no top manta nin noutro sitio, ata cheguei a dudar da súa existencia. O tipo non me cae moi ben, nótase, parécema algo cantante; predica moito e da poucas mostras da súa cacarexada educación.

Bicos

X dijo...

Por que non se pon en contacto co servizo de atención ao cliente de EMI? Sería interesante saber que lle din, igual lle ofrecen enviarlle outro que dure o que se anuncia.
A verdade nunca se me ocorrera comprobar a duración das cancións dos meus CD, apuntareino na listaxe de cousas importantes por facer :D

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Eu xa non me lembro de mercar discos.
Escoito moita música clásica, e isa non a vexo nos top manta.
Pero debíaslle mandar un email ós de EMI a ver que che din.
Seguramente é un práctica común, como nunca nos paramos a mirar se as cancións duran o que dí a carátula...
Apertas

Veca dijo...

Mira que comprar algo de Ramoncín. Como músico so me gusta esa de: "litros de alcohol, corren por mis venas mujer.......", jeje e despois tanta pantomina coa SGAE......

Mer dijo...

Suxiro o que todos, envíalle un mail á atención ao cliente de EMI, a ver o que che din e logo cóntasnos.

Bicos.

P.D. Por certo, probaches o Mausi?

vakastolas dijo...

Para min é que todos aqueles que obstaculizan a libre circulación da cultura son uns miserables, ínchanme as veas e sacan o peor de min. Non quero ser cruel pero iso pásache por fiarte dos "capitalistas" que miden o que é de todos (a música ou as palabras) como o petróleo, en dólares o barril.

Mar e Lúa dijo...

Eu creo que ten que enganar para poder vender, coa tirria que lle ten todo o mundo logo do da SGAE... Alédame saber que non son a única! Jajaja. Eu xa non faría o esforzo nin de descargalo, pero moito menos de pagalo.

Creo que é boa idea iso de enviar unha queixa a EMI, e mesmo á SGAE que é tan partidaria da verdade e do legal.

Apertas!

O Raposo dijo...

Silvana: Prometo non volver a mercar algo de Ramoncín. A verdade é que cando estaba escribindo o post pensei en ti. Como sei que che gusta tanto, ja ,ja!!

Anónimo: algunhas teorías apuntan a que é un ser cibernético creado por Teddy Bautista: teoría que de entrada non hai que descartar.

X, Rifo: si, estou pensando en poñerme en contacto cos da Emi, a ver que desculpa poñen.

Veca: a de "litros de alcohol..." non está mal. Tamén ten outras boas como "Nicaragua", "Como un susurro", etc.

Mer: Pois aínda non pasei polo Mausi. Agora paro no restaurante Pepe na rúa Colombia. Casualmente mañá pecha por un problema médico, asi que o mellor me acerco hasta o Mausi e probo.

Vakastolas: prometo no reincidir. Xa o dixo SantoTomás: una y no más.

Mar e lúa: a verdade é que ultimamente estase a crear bastantes inimigos, mesmo tivo que suspender algún concerto polos abucheos de público.

Apertas a tod@s.

Mer dijo...

tí non serás gafe, non? tamén pecha este habitual teu? miña nai querida!!

un bico

O Raposo dijo...

Mer: quero aclarar que O Pepe pecha solo hoxe por un problema puntual. O mércores volve a retomar a súa actividade habitual.
Pero hai un dato inquedante: as últimas tres veces que fomos a cear os menbros dunha peña que temos entre os compañeiros de traballo,os tres locais votaron o peche pouco despois. O último foi o Puesto Piloto en Alcabre.
Como para estudiar o tema!

mueja dijo...

Non top manta, moito mellor. É máis de fiar!!

estache ben, mira que mercar un dico de Ramoncín....

Zeltia dijo...

Bueno, pois a min cando era moza tamén me gustaba ramoncín, para nada daba a imaxe tan edulcorada e aburguesada que ten agora, coas suas participacións en "tertulias" televisivas e adalid da loita contra o top manta. Que eu non estou dacordo coas mafias dos top manta, pero sí que estou dacordo co que di vakaslocas, da libre circulación do inxenio e da arte, e non porlle alambres de espiño o cerebro. pois ninguén podemos vivir do traballo que fixemos hai 30 anos, asi que ¡a traballar,ramoncín!

Ninsesabe dijo...

Non quixera que mo tomases a mal, que podo prometer e prometo que cho dijo "zin acritú" e mesmo con cariño, pero estivoche que nindiola.
A ver se aprendes.

Cuspedepita dijo...

Creo que me pasa coma Silvana: Non o aguanto. Nin cantando nin falando.

O Raposo dijo...

Mueja: No, si xa me estou arrepentindo.
Zeltia: Dis ben, aburguesouse e pouco ou nada queda daquel transgresor de finais dos 70.
Nin se sabe: Non cho tomo a mal, e que saibas que non me esquecín do encargo; un día destes vai.
Cuspe de pita: Cantando aínda ten un pase, o díficil e aguantalo cando fala.

Apertas.

vermella dijo...

Nunca se me ocurrira medir os tempos das cancións para ver se coinciden,demanda a ramoncín a ver que cara pón,eu dun tempo a esta parte penso en ramoncín ao lado de pilar rahola xa non diferencio quen canta máis....
bico.

HADEX dijo...

O meu mozo paga á SGAE case 120 euros o mes pola música do pub. Levárono a xuízo logo de mandarlle un detective privado ó local. Nunca máis comprei música....penso que eses mil e pico euros ó ano ben amortizan as miñas piraterías.
Bicos.

Mer dijo...

hola,

jaja, fíxome moita gracia o comentario da flor da paixón, por que en canto a vin o primeiro que pensei foi... "¡ unha pranta carnívora!", ao chegar a casa e ensinarlle a foto á milla nai xa me dixo, "non, miña filla, é un maracuyá"

Pois sí, o Mausi está ben, pero non vaias moito, a ver si o pechan tamén ;-P

Unha aperta.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

O Ramoncín, que o sepades chámase Ramón, e xa desde que operou o naríz, que por certo, co oso que lle quitaron seica fixeron unhas baquetas jejeje.

eNmEiGaDa dijo...

caso de publicidade engañosa... que cousas... a min nunca me gustou ese home... creo que nin sabía que cantaba...

Frida dijo...

A min tampouco me deu por conta-la duración das cancións, en vista do engano, haberá que empezar a facelo.

o traveseiro dijo...

Choca bastante que o tío se mosquee cando lle chaman Ramoncín (segundo el é Ramón Solo) pero para o que lle interesa, editar discos, si que é Ramoncín.

Persoalmente ese home me parece un impresentábel, á marxe do tema SGAE, e musicalmente non me mola nada e só lle recordo dous temas, o de "litros de alcohol" e unha especie de balada que canta (?) algo así como "no puedo dejar de querer"

neno dijo...

Non creo que o cd pase polas mans deste "artistaso" antes da saída ao mercado...obrigado pola visita ao meu blog

Zeltia dijo...

non tiveron misericordia estes todos co teu gusto pola música de ramoncín!! pero eu entendote home, que tamén vivín coma unha novidade o seu xeito de facer as cousas naquela época.

O Raposo dijo...

Grazas, Zeltia, ti si que me entendes!