miércoles, 4 de marzo de 2009

SORTEO DO MEME LARPEIRO




20:35 H.
Teño que pedirvos desculpas polo atraso, pero estes días o raposo estivo bastante atarefado, perseguindo galiñas, esquivando cazadores e remoendo os resultados electorais.
Estes que seguen son os participantes no sorteo con cadanseu número:







1= LM
2= CHOUSA
3= BARREIRA
4= CARLOS SOUSA
5= ARTABRIA
6= SARAMPELO
7= PACO PENAS
8= VERMELLA
9= FRAVERNERO
10= MANUEL L. RODRIGUES
11= ZELTIA
12= VINTXUCA
13= PAIDELEO
14= MER
15= VAKASTOLAS
16= SENDA
17= MONCHO PAIS
18= RUI
19= ROXIÑA
20=ALEXANDRA
21=VANESSA DE SANTISO
22= NINSESABE
23= SEMPRE EN GALICIA-RADIO CORNELLÁ.



Tiña pensado facer o sorteo perante notario pero, amiguiños, a crises chega para todos; tiña pensado traer como testemuña o Rajoy (por aquelo de “viva el vino”, xa sabedes) pero o home anda moi ocupado celebrando o éxito nas eleccións galegas e nas eleccións vascas (nestas o PP perdeu 70.000 votos, non sei que carallo celebra). Así que vouno facer en plan mais humilde, coa colaboración da Bonoloto.
O ganador será o primeiro número que saia no sorteo da Bonoloto de hoxe 4 de marzo de 2009, sempre e cando ese número non sexa superior a 23, que é o número de participantes. Caso de ser superior non sería válido e pasaríase o número seguinte e así sucesivamente ata que se cumpra esa premisa.
¿Queda claro, non?
O sorteo como sabedes é augardente de herbas e viño de Amandi: augardente artesanal, da casa (meu pai foi augardenteiro) e viño Priscillus da Adega Lobeiras (pulsa na foto para velo mellor, si queres).
Lobeiras é unha zona da ribeira de Barantes (no cerne mesmo do canón do Sil) pola que eu teño unha especial querencia por razóns que non veñen o caso agora relatar aquí. Baste dicir que nos seus socalcos o sol, a terra e as cepas confabúlanse para ofrecernos un viño saboroso que ten moito de traballo e de arte. Un viño que hai que regalar porque o máxico non ten prezo.
Ben, pois a ver que nos depara o sorteo.
..
22:05 H.
Veño de ver o sorteo pola TV2. O primeiro número que saíu foi o 8, número válido por tanto.
¿E a quen lle corresponde? Pois a VERMELLA.
Vaia, vaia, noraboa! Xa me poñerei en contacto contigo para concretar o tema do envío.
E a tódolos demais participantes/comentaristas agradecervos a vosa colaboración neste trasteo que empezou LM como quen non quere a cousa e acabou dando moito xogo e traspasando fronteiras.
Grazas a todos-as.

14 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Manda carallo, que sistema de sorteo máis orixinal sacaches. Non me queda máis remedio que darlle a noraboa a Vermella, e quedarme co bonito da experiencia esta do trasteo.

Fíome máis deste tipo de sorteo, que se o fixeras coa testemuña dese... bueno é igual, non me vou a meter en fonduras.

Raposo dijo...

Decateime dun feito curioso:
Vermella dalle o premio a Paideleo; Paideleo a min; Eu doullo a Vermella.
Esto é unha especie de círculo máxico.

vermella dijo...

Xenial!!!!!!
eu que levaba días queixandome de que toda a sorte era de Artabria e chincha rabincha DOUS premios,a augardente gardareina para brindar con vostede cando se tercie algo tan especial hai que compartilo...

bicos.

Barreira dijo...

Mecago no nabo!!!. Xa non me quedan papeletas e non me tocou nadiña. Igual que no sorteo de nadal.
En fin, que o conto é ter saude.
Felicidades a vermella e que recorde que si bebe (que ha de beber, seguro) non conduza.
Saudos.

Anónimo dijo...

A miña noraboa a Vermella. Estarei contigo nese brinde sempre e cando poidas admitirme. Apertas a todos/as en especial ao do trasteo o grande poeta Raposo

Suso Lista dijo...

E non estarei eu tamén no mismolote que Vermella...?Xa lle preguntarei je, je.

Anónimo dijo...

Que se dea presa Vermella que ben Feijoo e anula a concesón.

Cuspedepita dijo...

Pois parabéns para Vermella!! Outra envexa máis que engadir á miña longa lista...A este paso voume condenar seguro.

Eu acompaño de momento no sentimento a Barreira, a min tampouco non me tocou nada aínda (digo aínda porque teño unha papeleta para un sorteo que aínda non se celebrou

Raposo dijo...

Carlos Sousa: si mellor asi, senon poida que a testemuña chimpara todo o viño el.
Vermella: Pois queda pendente ese brindis.
Barreira: creo que aínda quedan un par de sorteos, non desespere.
Sarampelo: apertas a ti, e grazas polas verbas.
Suso lista: Deso nada, o premio e só para Vermella, avarento que eres un avarento; eso si o mellor dache a probar un groliño, he, he.
Alexandre:non hai problema, de momento o señorito da mangueira esta aínda de celebracións.
Cuspedepita: pero muller como che vai tocar senon te apuntaches, asi non hai maneira.

LM dijo...

fantástico isso do círculo máxico!!!!
beijos e noraboa a vermella!

Paz Zeltia dijo...

Noraboa para Vermella!
mira tí, non che sabía eu a túa faceta de augardenteiro! (vale, érao teu pai,pero o que se aprende de neno...)

:)

Son Unha Xoaniña dijo...

Pero logo eu onde andaba que me perdín este sorteo? non teño perdón, mi ma!
Sorte para vermella porque se chego a participar eu seguro que me tocaba a min jejeje.
Bicos.

Anónimo dijo...

Parabéns Vermella!

semprengalicia@gmail.com dijo...

Non puiden achegarme antes ao teu blog "raposo", pero foi unha descuberta interesante comprobar como fixéche-lo sorteo. Noraboa e felicitacións a Vermella polo premio.
Dende agora serei un pouco máis "dilecto" e conectareime con máis antelación.
Apertas.