Fai uns días cumpríronse 20 anos da matanza de Tiananmen. Debido a censura é o hermetismo informativo do réxime comunista aínda hoxe non sabemos con exactitude canta xente morreu. Algunhas organizacións como a Cruz Roxa falan de 3000 mortos, incluso mais; os servicios secretos norteamericanos calculan entre 450 e 600; o goberno chino so admite uns 200. En calquera caso foron moitos, demasiados. E nos días posteriores a brutal represión prolongouse con encarceramentos, xuízos sumarios e execucións. Na actualidade aínda segue xente no cárcere por participar nas protestas.
E no medio de toda aquela desfeita unha foto deu a volta o mundo: un home xove, pantalón negro, camisa branca, con dúas bolsas na man, detendo o avance dos tanques.
Deste ser anónimo nunca mais se soubo. O mais probable é que fora fusilado, e enterrado ou queimado o seu corpo. Nin sequera sabemos o seu nome pero a revista Times considerouno unha das 100 persoas mais influentes do século XX e a súa imaxe de rebeldía xa forma parte da memoria colectiva.
O que para o resto do mundo representa un símbolo, en China parece non existir. A censura oficial e o aparato do partido encargouse de borrar o recordo e tódalas pegadas desa luctuosa e criminal masacre. Deso non se fala, non sae nos medios, non figura nos libros de historia, non hai fotos. Moitos dos mozos chineses ignoran todo o que pasou.
China estase a converter nunha gran potencia pero as carencias democráticas seguen asoballando a poboación. Aínda hoxe o réxime represivo de Hu Jintao prohibe celebrar actos de homenaxe en recordo das víctimas. Pretende dar unha percepción de modernidade, de normalidade (xogos olímpicos de Pekín, colorido, festas, avances tecnolóxicos, sorrintes xestos en encontros bilaterais, turistas na Gran Muralla ...).
Para min a verdadeira imaxe de China segue a ser esta: a dun home só, desarmado, enfrontándose a barbarie.
15 comentarios:
Tódalas dictaduras intentan sempre mostrar o seu lado "bo", e tapar todo o que non interesa que sepa o resto do mundo. Aí en China moito presumir de Olimpiadas, e non querían enseñar a cantidade de pobreza que existe, ou a falla de dereitos da poboación.
Vale, China quédanos moi lonxe, pero non podemos esquecer que aquí pasaron cousas moi parecidas, e nunca quixeron que se destaparan, aínda hoxe hai quen non quere que se sepa nada do pasado, que non vale a pena remexer nel.
Un saúdo,
E triste ver como unha dictadura é admitida internacionalmente mentres outras cos mesmos xeitos son presionadas. "Poderoso es don dinero".
Saudos.
Realmente a hipocresia da politica e cada vez mais evidente e polo tanto mais noxenta.
Ata non sei senon sera unha forma de que renunciemos a todo iso que se foi logrando con moito esforzo e sufrimento, a democracia, ese ser que naceu cercenado, un regalo imposto polo noso dictador particular, que diseñou a maneira de que non chegara a brotar a fermosa flor da liberdade.
E sempre teñamos medo de perder o pouco que temos por culpa de haber pedido algo que nos pertence por dereito natural.
Si non pedimos mais que o que os dereitos humans recoñecen....
en fin saudos.....
Coincido có manifestado polos anteriores comentaristas.
E totalmente có Raposo cando dí, con pleno acerto, que a imaxe da China é, sen dúbida, a dun home só contra a barbarie.
Lembra un estas noticias da China, ou os úlimtos encarceamentos na Cuba, ou os recentes acontecementos en Indonesia... e pensa agora no pouco que semellamos valorara as nosas democracias liberais. Por tantas razóns. Coma se sempre estivesen aquí. Coma se, malia ser mellorables, non tivesen un valor inmenso.
Democracia (leis adoptadas polo pobo a través dos representantes) e liberalismo (dereitos individuais inatacables polo Leviatán do estado). Dúas patas dun sistema polas que, un home que viña coas bolsas da compra, plantouse diante dos tanques en Tiannamen. Morreu por algo que, moitas veces, moitos de nós, tendemos a ver como algo chovido do ceo.
Lembro historias que a miña familia política me contou dos tempos de Ceacescu, na Romanía... tan semellantes á nosa postguerra.
Apertas
O meu país libertou-se numa madrugada de Abril.
Ainda nos quiseram esmagar com tanques, mas venceram os cravos nas espingardas da revolução. Está certo, Raposo, aquela foto é bem a imagem da China.
Abraço
Ben sei que debería ser máis profundo no comentario. O post meréceo; pero ás veces son supérfluo como un zarronco sobrevoando con ramalazos hipnóticos arredor dunha farola. Por iso chego a esta conclusión: joder! que vellos imos!!
Quedas cos ollos totalmente abertos ao escoitar, ao ver, como os periodistas estranxeiros ensinan a imaxe aos mozos universitarios chineses e pensan que non ten nada que ver con eles, que pertence a outro mundo. Cegos da súa propia historia.
Tiene usted una bonita memoria, Raposo.
Abrazo.
O peor de todo é pensar que morreron para nada... Uf, non sei se son os días estes, pero ás veces custa tirar para diante cos ollos abertos.
As dictaduras son opresivas e aínda que as vemos país aquí, país alá, país acolá...parece que non aprendemos dos erros pasados.Tropezamos na mesma pedre unha e outra vez!
Os símbolos sirven para manter vivas as lembranzas. Magoa que só recollen unha parte do suceso. Neses días en China había movilizacións de millons de obreros e intelectuais en contra do neoliberalismo que os estaba deixando sen traballo e con menos dereitos que antes(que xa é dicir). Eu condeno calquer tipo de abuso e dictadura veña de donde veña e neste caso os sucesos de China. No obstante tamén sei que só vemos os sucesos que lle interesa os USA que xeneran e controla máis do 90% das informacions que nos chegan. Ahí dictadura en China pero tamén en moitos sitios nos que non reparamos polo simple feito de que xa damos por feito que habita a democracia.
Un saúdo
Estou dacordo contigo raposo, iso nunha dictadura do signo que sexa é normal que aconteza. Pero temos que lembrar os asasinatos en masa de universitarios en Venezuela co "socialista" Andrés Pérez" nunha democracia e tamén na universidade de México, aquilo si que tamén foi unha masacre, eran "democracias", estes responsables daqueles actos son tan culpables ou máis que aqueles dirixentes chinos, xa que o señor "socialista" Andrés Pérez, nin o xulgaron nin foi para a cadea e para máis carallo foi presidente outra vez.Vivimos nunha hipocresía continua que dan gañas de coller a un destes responsables asasinos e dixalo só nunha habitación pechada a escuras e meter un gorila cun revólver na man. Coido que ía a sela ostia.
pois eu non lembro ter visto esta foto.
puxéronseme os peliños todos de punta: conmocionoume, removeume algo alá no fondo; produciume esa emoción inútil, por ese viso de inutilidade se non move a acción.
sentimentos que só nos permiten tomar conciencia de que sentimos.
ese chinés pequeno, diante dese tanque enorme... (estiven pretiño dun cando algún dos desfiles militares, e a diferencia de velos na tele ou en foto e tremenda: impoñen, arrepían)
(digo os tanques, non os chineses :-)
-ainda que algún hai que arrepía tamén-)
Unha gran imaxe e un gran xesto que, desgraciadamente, non serviron de moito. Ollo tamén cos medios de comunicación que falan de China segundo lles paguen. Unhas veces exaltan o xeito de vida occidentalizante (como se iso fose bo) e outras lembran as barbaridades que se cometen.
Un saúdo
Publicar un comentario