Este que vedes aquí é un impreso que dan nos cuarteis da Garda Civil para a solicitude ou renovación de armas de fogo. Como podedes apreciar (pinchar na imaxe para ampliala) está en castelán e na zona superior di: “En la parte opuesta lengua gallega”.
Vale, impreso bilingüe. Deámoslle a volta, pois.
Vale, impreso bilingüe. Deámoslle a volta, pois.
Contra, pero si tamén está en castelán! Cuspidiño, cuspidiño o da cara A. A única diferencia (pinchar na imaxe para ampliala) é que na zona superior pon: “En la parte opuesta lengua castellana”. Coño, e nesta tamén, digo eu!
¿Será esto ó que Feijoo lle chama bilingüismo harmónico?
¿Ou será unha falcatruada mais de actual Xunta de Galicia na súa teima de persecución e asoballamento da lingua galega?
Queren sacar ó galego do sistema educativo, dos exames das oposicións e polo que se ve tamén dos impresos, neste caso coa desinteresada colaboración da Garda Civil, sempre o servicio do pobo.
28 comentarios:
Perdoa, Raposo, non me sexa vostede atufado, que no impreso non menten. Só non din "en la parte opuesta" de onde. Porque o que está claro é que para eles, o galego está sempre na parte oposta, en xeral.
E logo, anda o Raposo a quitar licenza de armas de fogo? Non era malo.
Sun Iou Miou: cos tempos que corren non está de mais ter unha arma a carón. E como diría Mayra Gomez Kemp (a do 1,2,3): "hasta aquí puedo leer".
Son os impresos consensuados made in Galicia bilingüe co patrocinio de "La voz de galicia".
Manda carallo!!!
Xan: tampouco me extrañaría que A Coz de Galicia estivera metida neso.
Hadex: manda, manda!!
Grandísimo documento. Non sei se é mellor rir ou chorar.
Non se pode crer! :-(
Unha aperta.
Antón.
Dito o de "manda carallo", que moi atinadamente dixo Hadex, xa so queda pensar que isto é unha metedura de gamba mais do sistema burrocrático no que estamos ensarillándonos.
(Pregúntome como raio sacará un raposo a licencia de armas. Eu xa estou tremendo co medo cando vaia dar un garbeo polo meu galiñeiro...)
Caghonaconaqueosbotou. Manda carallo.
Además de luces, a los de "este" bilingüismo les falta savoir-faire.
Qué vida esta, Raposo.
Arredemo. Non se molestaron moito oh!!!. Eu engado que, chegados a este punto, hai que ser tontos para que a cara B non sexa cuspidiña á cara A. O normal era facer unha copia exacta pola parte de atras, pero nin eso foron capaces de facer.
Saudos.
Eu coido que é para protexer os raposos de furibundos galegofalantes. De que lado da escopeta está vostede?
Engádome á apreciación oportuna de Hadex.
Lémbrame cando pedín unha cita para a ITV. O contestador daba opción para escoller galego ou castelán. Escollín galego para curiosear. A rapaza saudoume en correcto galego pero aí quedou. Preguntou o resto en cstelán e eu respondín en galego. Dixen matrícula e todo e ela repitiu os números en castelán e ao final despediuse en galego despóis de dar día e hora en castelán.
Ela entendía o galego, está claro, pero non o falaba.
Joder, pois si que estamos ben, se nin sequera saben o que significa a lingua galega nin o bilingüismo.....
O que comenta Paideleo pasoume a min cos de "R". Puxen a opción "en galego" e a continuación dime a rapaza "Boas tardes, fálalle Marta (p.ex.) en que podo axudarlle?". Lle explico o problema e a continuación comézame a falar en castelán (?).
Salientar que con "R" só me pasou desa vez, por iso non lle din a menor importancia.
Pois "así están las cosas y así se las hemos contado"
E o que nos queda por ver e aguantar.
Apertas
Unha razón pola que vou solicitar unha licencia de armas!!!!
O Traveseiro: será mellor rir; e con respecto os de R decir que eu non teño queixa algunha, sempre me atenderon en galego correctamente.
Antón de Muros: pois podes crelo, real como a vida mesma.
Chousa da Alcandra: tendo en conta as cacerías que organizan contra nós convén que esteamos armados, para defendernos ou mesmo para contratacar.
Suso lista: apoio o seu xuramento.
Ra: savoir-faire... como explicarlle eso a estos energúmenos.
Barreira: pois contra o galego algúns están a tomar molestias de mais.
Mr. Tichborne: estou da parte de atrás, apuntando e xa co dedo preto do gatillo. Por si acaso.
Paideleo: Eso pasa en moitos sitios: entenden e saben o galego pero como non o usan cústalles un mundo falalo.
Artabria: o dito, esto é bilingüismo harmónico (Feijoo dixit).
Mencía: si, polo menos 4 anos.
Vermella: solicite, solicite, haber si entre todos...
Apertas armadas.
A verdade que non ten moita explicación, unicamente a que lle demos en plan cachondeo, xa que é para flipar. Isto había que dalo ben a coñecer para avergoñar a máis de un.
O que me choca é que cubriras o impreso pola cara da lingua castelán. Logo, entón teslle manía ó galego...
Carlos Sousa: si o dices polas cruces dalgunhas casillas xa viñan asi marcadas para que se saiba os documentos que hai que aportar. E claro márcanas polo lado do castelán, non vaia ser o demo...
Mala chispa os coma. Coido que xa pasou por os cuarteis a toda leite unha tal Gloria Lago(eu lle chamo Gloria Laso, por aquilo da cantante). Xa veredes que co tempo a esta Sra. a canonizan en vida, non é para menos.
Non distinguen dúas linguas e deixan que decidan sobre os permisos de armas...
Debeu ser un fallo de imprenta, posto que non ten loxica ningunha ou os da xunta-nza estanse rindo do galego,quero pensar que non.
PRAADIANTE
Niso a Xunta non ten competencia, pero o que si vén sendo certo é que na Garda Civil hai un bo fato de golpistas galegos vestidiños de verde, con bigote e pistola no cinto...
Repito un bo fato de galegos.
Isto é penoso... Igual pensan que con poñer que na outra parte está en galego, a persoa que ten o impreso na man xa queda satisfeita e non lle dá a volta.
Paréceme unha tomadura de pelo... Dende logo, si que debe estar ben ter a licencia, aínda que sexa para darlle co papel na cara a quen corresponda.
Saúdos!
iso ten mais pinta de incompetencia ca de mala idea.
e que para ser con mala idea eche unha mala idea moi simple de máis!!
eu inclínome polo erro pasado polo forro -se é que se deron conta-
Por favor...eu sabía que co cambio de goberno as cousas se ían por difíciles...pero non pensaba que tanto.
miña nai querida!! pero onde imos chegar???
Publicar un comentario