sábado, 12 de diciembre de 2009

MALDITO NADAL


A este raposo cada vez lle amolan mais as festas do Nadal.
Cansado de tanta hipocrisía cristián, de aparentar que somos mais bos que nas outras épocas do ano; cansado de tanto consumismo, tanta dilapidación e gastos superfluos; farto de que os concellos queimen os cartos que non teñen en luces de cores; farto de beléns, de panxoliñas, de “Feliz navidad” e “mira como beben los peces en el río”; saturado do gordinflón de Papa Noel, dos Reis Magos, de renos e camelos; ata os collóns do anuncio de Freixenet, das colas en Toys’R’us, da lotería, dos agasallos de garabatas e frascos de colonia, da película “Que bello es vivir”, do discurso do rei; ata os collóns de tanta trapallada vou pecharme na cova deica que pase a barafunda, quitemos as carautas e as cousas volvan o seu rego.
En calquera caso, como o cortés non quita o valente aproveito a ocasión para desexarvos felices festas. Vémonos para o ano que ven (se Deus quere e o Demo non si opón) cando remate todo este rebumbio.

35 comentarios:

Xan dijo...

Tes moita razón, Raposo. Acaba un canso de tanta trapallada, posta en pé, a maior groria do consumismo e da hipocresía. Boas Festas e que pasen axiña,claro.

Chousa da Alcandra dijo...

E, mira que son arroutado, como o valente non quita tampouco a osadía...non quererás (antes de enclaustrarte fora do blogomillo) algunha participacionciña de lotería do folkAntas ho?
:-)

(Cando a fodienda é inminente...reláxate e disfruta todo canto poidas!)

Moraima dijo...

Canto te entendo! eu teño unha entrada programada falando do ''marabilloso nadal'' que me espera!

Un bico raposo ;)

fgul dijo...

hehehehe Grande verdade, Raposo!!!

Bendito Nadal que tan triste nos pon...

Zeltia dijo...

ay, pois se te despides ata despois do nadal, debe ser que tevas mergullar nel, e despois tanto falar, tanto falar!
(pois a mín, por favor, non me digas feliz navidad, éste é o meu slogan)

fonsilleda dijo...

Unha aperta agarimosa, pero non de Nadal, do día de hoxe e dicir: feliz 12 de decembro (non digo 12 de Nadal polo si ou polo non) e sucesivos
Bicos.

Deambulando con Artabria dijo...

Non podo estar máis de acordo contigo......iso sí, eu vouche desexar un feliz aninovo en vez de bo nadal!

HADEX dijo...

Estou dacordo en case todo.....menos no do anuncio de freixenet..hehehe...bicos e que o pases o mellor que poidas!!

BRABIDO dijo...

O nadal tiña que ser cada catro anos o mas,como as olimpiadas ou o mundial,pa que non se fixera aburrido porque un ano,pasa voando e cada vez mais.

Que mandes unhas boas papatorias e uns bos grolos,ata o ano se o coresterol me deixa

Sarampelo dijo...

Bo nadal Raposo, estou contigo neste post ao cento por cento.
Olla isto no seguinte link, é de puta vergoña.


http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1199

Carlos Sousa dijo...

Como todos, estou de acordo. Pero como todos ou case todos, ó final celebraremos o Nadal dalgunha maneira, uns máis e outros menos, pero celebrarémolo.

Se no fondo nos gusta ser uns hipócritas, montar o árbol, o belén, iremos de compras, agarderemos nas colas, veremos o anuncio de Freixenet (por certo, repetido din que por austeridade, pero eu creo que é por marketin), cantaremos algunha panxoliña... En fin, faremos o de sempre.

Somos animáis de costumes.

Que o pases ben na cova (seguramentte terala repleta de reservas...), xa contarás. Ata o ano que ben, Apertas

Bolboreteira dijo...

Estou contigo Raposo eu tampouco aturo moito toda a parafernaria do Nadal, pero hai que comelo so ou con patacas fritas, asi que a aturalo con bo talante como diria Zp.
Bicos! boas festas!

Maribel-bel dijo...

Opino como Carlos, que o final todos volveremos a vivir o nadal, incluído o polo da casa do día de noiteboa. Eu, desexo que en reices xa poidamos estar máis cerquiña da volta os días normais,sen tanta panxoliña.Bicos de reices

paideleo dijo...

Tiñas que relaxarte un pouco lendo o posteo do 9 de decembro de Chousa da Alcandra.

vermella dijo...

buenooo,buenoooo,pois eu que son valente de máis teño que confesar que a mín gústame,todo na súa xusta medida,bon Nadal e feliz 2010!!!

hormiga dijo...

A min nin me vai nin me ven: Resbálame. Pero é que se un non ten televisión, nin radio, nin entra en centros comerciais, case como que nin te decatas destas datas. Homo, sempre te choca entrarno super é ver esas mesas cheas de dulces e espumosos berrandote: levame, levame, lévame.... Pero pódese levar ben, diría que incluso se leva mellor cando un ignora o Nadal, que cando intenta loitar con el.

Suso Lista dijo...

Todolos anos igual. Disque grazas a esto baixa o paro, je je. Boas Festas!

A Conxurada dijo...

A min tampouco che me gustan nada, hai xente que din que estas datas os entristecen, a min non....eu ando de mal humor todo o día.

Pero de todos os xeitos felices festas

Anónimo dijo...

A min gústame, pero recoñezo que o Nadal non empeza o día un de decembro, dentro de nada empezarán a poñer as luces en xullo

paidovento dijo...

Pois mira que sodes moitos os que maldicides o Nadal. En cambio eu, a pesar de que subscribo case todo o que dis, aínda manteño un pouso de ilusión. Será porque no Nadal non traballo.
Feliz Nadal, a pesar de todo.

Sun Iou Miou dijo...

Se queres vir a non pasar o Nadal comigo... Na miña casa non hai diso, que para iso mando eu. (Minto: meus irmáns decidiron que viñan pasar aquí a fin de ano e voulles ter que dar cea, durmida e xantar, pero sen esaxeros, tipo campamento de inverno: caldo e saco de durmir (A ver se así non volven, hehehe!)

Son Unha Xoaniña dijo...

Pódeste xuntar co meu colega que suspendeu a navidad xa fai uns anos (cando medraron os nenos) pero agora eu, a superaboa, volvina instaurar co arboliño, as bolas, as cintas e todo o demais, todo por ver os olliños de felicidade que se lle poñen ao neno ao ver tanta boliña pendurada no arbol.
Bicos, bicos, bicos.

Cuspedepita dijo...

Amén :-))
Nunca pensei que os raposos e as galiñas pensaran tan parecido sobre nada...digo... sobre o Nadal ;-))

Que che sexa leve !!

Chuchos

ekis1331 dijo...

Xa che digo... e cada ano a mesma insulsa e baleira repetición de esquemas... cando teña 60 sentirei que aínda non me movín dos 10... eterna xuventude? qué va, total anquilosamento...

Gonzo dijo...

Dende logo isto non ten nada que ver co verdadeiro espírito do Nadal. Daquel Nadal que os nosos vellos conservaron unha pinga na súa cultura popular. Así era ; http://anosahistoria.blogspot.com/2009/12/o-noso-nadal-pagan.html

Marinha de Allegue dijo...

Unha aperta Raposo.
:)

hormiga dijo...

Eu ni me entero disto do Nadal.

LM dijo...

pois feliz ano!

Ra dijo...

Chín, chín, Raposo!

Chousa da Alcandra dijo...

Feliz e ledo ano 2010

vintxuca dijo...

sisisisssiiiii eu tamén opino todo iso.....pero estou segura que para a cova levaches algo de marisquinho ou algunha galinha polo menos....que o raposo ademáis de larpeiro é listo de caralho. Bo nadal!!!! eu tamén estou desexando que remate.

Anónimo dijo...

Xa queda pouco para que rematen as festas.
Feliz ano!

Barreira dijo...

Si algo lle hai que agradecer á crise é que o Nadal non comenzou no mes de Novembro, rompendo unha tendencia que viña manifestandose en anos anteriores.
Algo é algo.
Saudos e pasao ben

Mer dijo...

Pois sí, pero irremediablemente non podemos escaparlle ao Nadal. É un acontecemento demasiado expandido socialmente, forma parte da nosa vida, do noso calendario laboral e escolar.
E a partir do ano que vén, incluso adornarei a casa e poñerei o árbol, que a miña cativa algo xa entenderá e seguro que lle gusta.
Hai uns anos eu tamén arremetía así, agora déixome levar máis, unha amiga agasalloume "Una navidad diferente", precisamente dicíndome "non podes escapar ao Nadal"

Bicos e que teñas un bo ano 2010.

Anónimo dijo...

Ben, for como quiser, pasou a marea e volvemos ao rego. Pero si, teño pra min que esa cova andaba cheiña de xente. Con razón.

Apertas e que veña ben o 10. E se non, que se prepare. ;))