Onte volvín a ver “Os sete magníficos” de Jhon Sturges. Rodada en 1960 conta a historia dun grupo de pistoleiros que se xuntan para defender a unha aldea de granxeiros mexicanos duns bandoleiros liderados por un tal Calvera. A película tivo bastante éxito e está ben considerada dentro do wester aínda que para min non pasa de normaliña.
Esta é unha adaptación do filme de Akiro Kurosawa “Os sete samurais”; eu non a vin pero todos coinciden en sinalar que a cinta do nipón e moi superior. Jhon Sturges ten traballos mellores como “Conspiración de silencio” , e mesmo dentro de wester “Duelo de titáns”.
No elenco de actores estaban os mais duros de Hollywood: Yul Brinner, Steve McQueen, Charles Bronson, James Coburn. Pero non se profunda nos personaxes e estes amósanse superficiais, lacónicos, fríos. James Coburn é excesivamente chulo. A Yul Brinner sempre o considerei un tipo artificial con andares e xestos de robot; Robert Vaugn móstrase como fóra de contexto e remata por exasperar. E o mais novo do grupo, Horst Buchholz, pasa todo o tempo entra a sobreactuación e a torpeza, a súa historia de amor non ten moito sentido e a escena na que intenta tourear a unha vaca é sinxelamente ridícula.
O mellor do filme é a imaxe que quere dar dos pistoleiros: personaxes vagabundos, atormentados, sen fogar, sen lazos familiares, sen futuro; que lles custa adaptarse os novos tempos que veñen; que tratan de buscarlle un sentido a vida e que están dispostos a facer ese traballo non polo diñeiro (o que lles pagan é irrisorio) senón polas ganas de volver a acción, e poida que tamén porque entenden que neste caso vale a pena loitar, e quizais morrer, por unha causa xusta.
Por suposto hai que destacar a música de Elmer Bernstein, grandiosa e impactante como poucas.
E dúas frases para a reflexión:
Os mexicanos piden que lles axude e ofrécenlle todo o que teñen de valor e Yul Brinner dilles: “Téñenme ofrecido moito polo meu traballo pero nunca antes me ofreceran todo”.
Cando a xente da vila non quere que un indio sexa enterrado no camposanto un viaxante pregunta:
“¿Desde cando non deixan enterrar os indios no cemiterio?"
“Desde que o pobo se civilizou”.
Por certo, dado o éxito inicial fixéronse ata 3 secuelas: non volas recomendo, cada una delas e peor ca anterior.

4 comentarios:
Pensei que xa falaras desta película...
Unha coñecidísima e moi exitosa película, cuns actores moi coñecidos no seu momento.
Tería que volver a vela, sei que a vin, pero debe facer tanto tempo que xa non lembro cando. Claro que, co que tí dis, gana non da.
E a min, xa che teño dito, que o western no é o meu xénero preferido.
Claro que, somente por esas frases que pós ó final, xa merece unha boa crítica.
Quédome coa túa frase "...entenden que neste caso vale a pena loitar, e quizais morrer, por unha causa xusta".
Igual que a Zeltia este tipo de películas non son as miñas preferidas, aínda que teño desexado a impunidade para "os malos" que atracaban bancos, e que os indios vencesen aos rostros pálidos unha e outra vez.
Un saúdo
A min non me fixo moita graza hai anos cando a vin, pero si que quedei abraiada coa música. Deste xénero hai poucas que me chamen a atención.
Un saúdo.
Xa vin fai tempo,lembro que houbo unha traicion polo medio,desta forma mataron a moitos do pobo.
As segundas partes nunca foron boas.
Publicar un comentario