Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
domingo, 11 de julio de 2010
OUTRA NOITE DE ROCK
Mentres outros soñan coa victoria de España ante Holanda, proban antídotos contra as altas temperaturas, gastan as horas en terrazas rutinarias con xenebra de garrafón, discuten cos veciños, buscan os ángulos mortos das credenciais caducadas, fan zapping por programas tan planos como a pantalla do televisor e acaban mercando na teletenda unha terapia a prazos contra a desolación, eu invisto en rock na compaña de C.
Soaron os acordes de Amenaza desastre e un lóstrego fixo estremecer os corazóns. O rock estaba aí, no campo de fútbol de San Cosme, sobrio, delgado, melenudo, visceral, auténtico, por riba do tempo e das modas, inmune os vaivéns das discográficas, aguantando o tipo, tolo por incordiar, incombustible como ese Leño do que formou parte.
No escenario xente de confianza: Rafa J. Vegas ó baixo, e Mariano Montero á batería.
Nas dúas horas de actuación tivo tempo para presentar cancións de seu novo traballo (Amaina tempestad; Tu que, yo que; A veces cuesta llegar al estribillo) e repasar éxitos anteriores (El asa del cubo; Flojos de pantalón; Deja que les diga que no...). Non podían faltar temas como Agradecido ou Pan de higo, e por suposto guiños a Leño con El tren (que nunca lla oíra tocar en concerto) e Maneras de vivir.
Foise con Navegando (a muerte), falando de náufragos na barra dalgún bar. Soubo a pouco o concerto e votei en falta que non se interrelacionara mais co público, pero a pegada do madrileño fixo que outra noite de rock fora inesquecible.
Rosendo, pa sempre.
*Banda sonora: Flojos de pantalón.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Non cabe ningunha dúbida de que o concerto de Rosendo foi unha noite máxica.
Un saúdo
Parabéns por poder disfrutalo.
En ocasións coma esta ( e só por elas) é cando boto de menos vivir máis preto da "civilización" ;-)
Apertas
Creo que eu tamén necesito unha desas noites de rock.
Si señor,si señor.......do millorciño rock en estado puro.
Son maneras de vivir fronte o espectáculo do ano, correr detrás de unha pelotiña parando o mundo. Eu, sen dúbida, iría a sentir con Rosendo,pero non invitas... Bicos
No se vende el rock and roll
MImá, incombustible o tío.
Xuro que che deixen un comentario aquí onte, pero debe ser moi escurridizo.
Dicíache algo así como que me alegro que o disfrutaras, xa se pode considerar un mito incombustible. A min a pereza parece que non me da para asistir ós concertos, iso o que xa vou algo vello. Os que si que non me vou a perder son o de Mark Knopfler e o de U2, meu fillo non permite que me "raje".
Creo que nunca foi moi comunicativo aló da súa música, pero non importa, con ela abonda. No último concerto del no que estiven, vinme rodeada por "ioguríns" que cantaban e choutaban con forza cada unha das súas cancións. Pensei entón que o tempo, como unha falcatrúa, só pasaba para min...
El parece incombustíbel
Publicar un comentario