Unha prestixiosa revista política estadounidense, Foreign Policy, cualificou a Aznar como un dos 5 peores expresidentes do mundo. Xunto a el está tamén o alemán Gerard Schröder e expresidentes de Nixeria, Filipinas e Tailandia.
Por fin alguén valora como se merece a traxectoria política deste homiño de estado.
Crises, paro, reforma laboral, folga xeral, primarias en Madrid: Zapatero é tan de esquerdas que ultimamente non dá unha “a dereitas”.
11 comentarios:
Estiveches tan atinado nun párrafo coma no outro. Con posteos así, entendo as razóns polas que me gusta tanto vir á Cova.
Apertas
en toda a entrada.
Por fin alguén lle da o seu sitio a Ansar, o malo é que non ten capacidade de autocritica ningunha e no creo lle faga reflexionar o máis mínimo.
E o de Zapatero é todo un record se quixese facer todo mal a posta non lle sairia pior, non da unha.
En fin! políticos! que se pode esperardeles?
Saúdos!
Nunca tan poucas palabras contaron tanto e con tanto xeito.
Andabamos mal e seguimos mal, o pior é que a ver cómo seguiremos.
Remítome ao dito por Chousa.
Apertas
Apúntome ao dito anteriormente. Semella que o mellorar a especie, nos políticos españois non funciona.
Bicos.
Será un dos cinco peores expresidentes, pero sen dúbida o máis amargado e antipático de todos.
Subscribo todos os comentarios.
Pois iso, entre homiños que non chegan a homes anda o conto...
O increible é que este "homiño" chegase a ser presidente.
Bicos
Non hai cousa máis ridícula ca un narciso feo. Ego dixit.
E hai tipos que chegan a onde chegan por puto narcisismo, o que eu che diga.
Outros pensan que están enriba do cabaliño do socialismo "real", e tan contentiños.
Mentres, choven hostias. E curas non faltan. Cada día mandan máis.
Vou calando...
Pásame por chegar tarde a todas partes, que non me entero de nada. Pero máis vale tarde que nunca para recibir unha boa noticia. Non que fora presidente, senón que ocupe o seu lugar na historia.
Claro que este post é como dicir: teño unha boa noticia e unha mala.
Bicos
Publicar un comentario