miércoles, 10 de noviembre de 2010

O PAPA E DERIVADOS


PAPA: seica é o representante de Deus na terra. Autoritario, tradicional, retrógrado, machista. Amante da pompa e do boato, afastado da realidade social. Parece pór mais interese en viaxar e na boa saúde das contas bancarias do Vaticano que en erradicar os habituais casos de pederastia no seo da igrexa. Alguén debería comentarlle que cando Xesús dixo “deixade que os nenos se acheguen a min” non era para abusar deles.
Por suposto, tanto el como a cúpula papal gustan de papalicar nas papatorias, gozan coas paparotas, e algúns amosan unha mais que sospeitosa papada.

PAPÓNS: ovelliñas fieis que seguen (o Papa) con entusiasmo, que o escoitan con devoción, que ondean bandeirolas, que berran, que devecen; que esperan horas para velo pasar, fugaz e altivo, no seu auto blindado; que comulgan con rodas de muíño (co indixestas que deben ser).

PAPAHOSTIAS: políticos que lle bailan a auga; que malgastan o diñeiro público nestas andrómenas; que miran para outro lado cando saen a relucir os trapos sucios da igrexa, os escándalos, as contradiccións; que lle bican a man (o Papa) con moito fervor.

E despois estamos nós: que soportamos o Papa, que convivimos cos papóns, que sufrimos estoicamente ós papahostias. A verdade é que non sei como cualificarnos.

16 comentarios:

A nena do paraugas dijo...

Non che sei. A verdade é que non sei que nome encaixa nesa última definición. O caso é que xa me reborda ttanta publicidade e boato, coa desculpa de que se está perdendo a espiritualidade... cristiá. Iso no fondo non se perde. O que se perde é a confianza. E iso é dificilmente recuperable. E tanto uns coma os outros non queren velo, porque suporía recoñecer que están errando completamente desde hai moitos anos.

En fin, deixo o conto.
Boa entrada, señor Raposo.

Un saúdo.

fonsilleda dijo...

O que mais me fastidia e que, as veces, a pompa e o boato, son fermosos.
Aplausos.

Chousa da Alcandra dijo...

Algo papa-natas sí que somos.
Xa sabes, a relixión viña sendo o opio do pobo. Mentras eles lle daban ó morapio, a plebe esnifando incienso. Hai que joderse co telediario!

Alís dijo...

EmPAPAdos de tanta tontería estamos.
O Papa, máis que o representante de Deus na terra, debe ser a sucursal, o delegado comercial ou máis ben o dono da franquicia.

Moi bó este diccionario papal

Bicos

Anónimo dijo...

Do pouco (pouquísimo) que puiden ver a tv, sen dúbida o máis lamentable foi ver como corrían todos a darlle coba.

Unknown dijo...

Moi boa a estrada, e as definicións,ejeje
Non sei quen somos, mais teño claro que bailamos o son dos papahostias!

Bicos

Sun Iou Miou dijo...

Gañaremos o ceo por iso, Raposo, ou estamos a perdelo en vida?

Recoméndolle unha ollada á foto que aparece aquí:

http://mardaman.blogspot.com/2010/11/la-berenguela-y-ratzinguer.html

Bolboreteira dijo...

Amén amigo!! :)
Magnifica entrada ...máis que de acordo con cada unha das verbas ahí escritas.
Nos somos os empapados da chuvia da maior das hipocresia.
Bicos!

Maribel-bel dijo...

Novas definicións para incluir na Real Academia Galega e na castelán tamén. Bos xuicios emitidos. Unha aperta.

Paz Zeltia dijo...

jajaja que ben definido Raposo.
Encantame esa mala hostia con este tema
[que comparto contigo]

FERNANDO SANCHO BLANCO dijo...

Non creo na inspiración.
Traballando non te fas rico.
Miña pregunta e: e logo para que escribimos?
Miña resposta e: escribimos para trallar na inspiración.
¡oe saleume una frase de moito aquel!. Saudos

paideleo dijo...

Faltouche PP.

Gaearon dijo...

Está claro que somos todos uns papáns apapahostiados. Así nos vai...
Moi boa entrada!!
Apertas

mariajesusparadela dijo...

papeleiras do lixo, aguantando a merda que nos botan por riba.

Anónimo dijo...

O papa, o rei e a maioría dos políticos dedícanse ao engano, ao espolio, a adoutrinarnos, a falsos debates para que asumamos a nosa condición de vasallos papahostias, e a maioría de nós estamos dispostos a seguir facendo de bobos útiles mentres os que teñen o diñeiro saquean os nosos dereitos coa complicidade do noso voto eo noso silencio.

Anónimo dijo...

Debería ver a foto o notario barbón. apreciar o arrepiante contraste entre a súa devecida devoción e a cariña de raposo (perdón !!) ao outro lado das máns tan agarimosamente entrelazadas.

Se cadra é que se gustan !!

(non sei se confesarme...)

Bo día. Es un crack prás definicións, tio.. ;)