martes, 23 de noviembre de 2010

PEDERASTAS E CONDÓNS


Ó Papa debeulle prestar a visita a España porque arestora está moi activo. Nunha reunión con 150 cardeais trataron o tema da pederastia no clero (supoño que tamén falarían de como erradicala), e agora admite que o uso do condón pode estar xustificado nalgúns casos.
Vale que trate de mellorar a imaxe da igrexa pero conviña deixalo todo ben clariño, non vaia ser que os pederastas eclesiásticos supoñan que poden seguir abusando dos rapaces a condición de usar preservativos.
De tódolos xeitos por algo se empeza. O seguinte paso debería ser poñer máquinas expendedoras de “chuvasqueiros para o pito” en tódalas igrexas. Estarían a carón da pila de auga bendita. A medida sería un éxito: todo deus sabe o ben que presta un canivete despois da misa das doce.

11 comentarios:

Maribel-bel dijo...

O problema é o revés, en Santiago tivo poucos militantes e por iso cambiou mínimamente(nin se nota) as normas do priorato. Lembreite no concerto de Fito en Santiago, foi estupendo, seguro que o disfrutarías. Biquiños

Mr Tichborne dijo...

E eses cónclaves para que son? trócanse as memorias USB e pásanse vídeos e fotos? Mellor vou calar que me enveleno...

(NOTA: na verificación de palabras para este comentario: "PREAS"... foi idea túa, para casar co tema da anotación?)

Paz Zeltia dijo...

Agora tes que mercar o libro, para que te acrare todas esas dúbidas, e gardarlle o mellor sitio no anaquel...

:)

DESDE A GAIOLA dijo...

Coa máis pura e fina ironía galega! S, señor Raposo!

E case coincido con Mariblel : A escaseza de asistentes igual lle fixo reflexinar á curia... Ou non.

Vaia vostede saber que virá logo!

Un saúdo.

mariajesusparadela dijo...

Primeiro quixo botarlle a culpa da pouca xente ó goberno (laicismo agresivo: se o fose, comeríamolo cru). Supoño que despois parouse a pensar (non sei por qué ten que pensar se é a voz de Deus, que é omni-todo). Debeu chegar á conclusión de que se están a acabar os que lle fan caso e, o mellor xeito de que a xente obedeza é mandarlle facer o que quere facer...jejeje.

Qué cousas: había máis xente pedindo sanidade pública que vendo pasar ó Papa.

Anónimo dijo...

Que reflexionen o que queiran, pero é curioso como a súa secta só prospera en países pobres e nos que hai grandes dificultades para a vida. Onde medra un pouco o nivel de vida a xente ve o que hai. Agardemos que dentro de pouco estean en perigo de extinción polo ben da humanidade.

Chousa da Alcandra dijo...

Despois de unha boa tempada como colegas blogueiros na que -cos matices propios de cada cal- viña constatando que coincido moito contigo, hoxe acabo de percibir un importante punto de desacordo:
O canivete presta ben antes da misa das doce!!

fonsilleda dijo...

Gustoume a idea dos chuvasqueiros nas igrexas, rociados ca auga, xa chegarian sin pecado.
Bicos.

Bolboreteira dijo...

Tarde , al é nunca..pero algo é algo.
De tódolos xeitos non me convencen estás falsas boas intención.
Bicos!

Anónimo dijo...

Cada vez eu son máis laico e máis agresivo, e todo grazas ao sr. Mazinger ou Razinger.
Veremos algún día publicidade de Durex na branca carrozaría do papamóbil?
Igual nos sae máis barato cando volva.

Unknown dijo...

Que bo eres,jeje
Non me imaxino a máquina dos condóns ó lado da pila de auga bendita,jajaja
Razinger ten cara de falso, esto dos condóns é pura propaganda.

Bicos