domingo, 5 de diciembre de 2010

OUTONO


O estalo das achas na cociña,
mañás de xeada,
follas secas nas congostras,
policromía na aba do monte,
olor a castañas e viño novo,
amanitas a carón dos bidueiros,
o berro do porco que presinte a morte,
un pisco ferindo a brancura da neve,
e o outono, meu, que logo nos deixa.
*Foto: Outono nos Ancares

15 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Non te preocupes, que cando pase o outono virá o inverno e será tempo de asar os torresmos daquel que berraba no Sanmartiño. E para daquela o viño estará no seu punto, despois de aturar nas cubas o tempero das xeadas...
Apertas

Dilaida dijo...

Pois penso que o outono este ano xa fuxiu e nos abandonou, esperemos non ter un longo inverno.
Bicos

A cruz da Campá dijo...

Os contrastes de ocres que se dan no outono nos Ancares, no Courel, etc, son un dos espectáculos máis fascinantes e fermosos que os meus ollos puideron ver. Lástima que na Mariña luguesa o outono sexa maioritariamente verde eucalipto. Saudos

Concha López Fernández dijo...

Se primavera enche de matices verdes as fragas, o outono aumenta a gama de cores, que desde o amarelo ao granate máis intenso.

A vista é espectacular, señor Raposo. Agora a agardar que o inverno mude eses matices de novo. Cada época do ano é diferente, pero todas ben fermosas.

Un saúdo.

mariajesusparadela dijo...

Se a foto fose de estes días atrás, de seguro veríamola neve.
Non sei, despois de tantos anos como teño, se me gusta mais unha estación ou outra, porque cada unha ten o seu aquel.

Ana dijo...

Este ano o outono pouco durou. Axiña ven o inverno, esperemos que non moi duro ;))

Bicos

Sun Iou Miou dijo...

Eu poría primeiro a policromía do monte para ir logo ó pé da lareira a sentir estalar as acha. cunhas castañas e un tinto. ;)

Xan dijo...

No outono a natureza afina os seus acordes para enchernos de cores, fermosas paisaxes e manxares á calor da vida..
Saúdos

FERNANDO SANCHO BLANCO dijo...

O bosque, amigos do Raposo, precisa do inverno para se renovar. Son os botóns de reinicio os que devolverán a vida. Nas comodidades dos claros, non chega o murmurio pombal, e os ratos acouganse na súa propia irritación.

Bolboreteira dijo...

Estes días voltou pero pensei que marchara para non volver ata o ano.
Bicoss!!

Maribel-bel dijo...

Eu suprimiría o inverno, pola falta de luz e choiva constante. As outras gústanme e con poesía moito máis. Un bico

fonsilleda dijo...

E meu tamén. Fermosísimo o que escribiches.
E os Ancares...

Bicos.

zeltia dijo...

que bonita maneira de describir o outono!, a min gústame todo no outono, todo, ata a triste choiva de novembro.
O que menos me gusta e xusto esta etapa de tránsito cara o inverno, porque despois, cando os días empezan a medrar, dentro dde nada, en pouco tempo se percibe xa a adiviñanza da primavera.
¿nótase que me gustan os cambios?

:-)

preciosa a foto.

Alís dijo...

Tamén son unha namorada do outono, aínda que aquí aínda falta para que chegue. As cores, os olores, os sabores... esa estación é un regalo para os sentidos.
¿Será por iso que me gustou o teu poema? Vai ser que tamén é bó.

Bicos

setesoles dijo...

Nin se lle ve o fuciño. Ha de ser timideza... (digo eu...)