viernes, 17 de diciembre de 2010

"SUAVE ES LA NOCHE"


Impresionaron no 81 cando foron teloneiros de Los Ramones, 30 anos despois seguen pisando forte nos escenarios do bo rock and roll.
Entre medias tiveron tempo para deixarnos 11 albumes de estudio, varios discos en directo, letras amargas e duras, son enérxico e guitarreiro, concertos nos que a banda dá o mellor de si.
Este sábado 18 de decembro a mellor banda galega de rock toca en Vigo, na sala Priveé. Aí estarei porque “No puedo dejar el rock”.

9 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

I eu, se estivera en Vigo esta noite, tamén sería Suave...

Que disfrutes!

A cruz da Campá dijo...

Ten cuidado con Dolores, que xa sabes chamanlle Lola. E o rock non só non se pode deixar senon que non se debe.

mariajesusparadela dijo...

Teño un Suave veciño, en Coles (chincha, rabia)

fonsilleda dijo...

Por estas rúas non hai ningún Suave e tras as fiestras de este fogar, tampouco
¿Teño que chorar?
Bicos

Mr Tichborne dijo...

Que grandes, desfrute do concerto

Paz Zeltia dijo...

seguro que atopas no concerto a caloriña que vai faltar polas ruas coa xeada que está a caer esta noite!

Bolboreteira dijo...

Eu tampouco podo deixar o rock.Aínda non tiven a ocasión de velos en directo, ganas non me falta.Espero que o pasases ben.
Biquiños!

Xan dijo...

Polo que se ve O Raposo é un apaixonado do rock.
Que o disfrutes!

Maribel-bel dijo...

Xa apuntabas maneiras..Que teñas unha noite cheiña de "suaves acordes". Biquiños