martes, 25 de enero de 2011

DE CINE

Como non todo vai ser wester, hoxe vou escribir sobre o cine español. Estas son as dúas últimas películas que vin.


BALADA TRISTE DE TROMPETA:
Para algúns será unha peli redonda para outros un experimento fallido. Gustará e desgustará a partes iguais e directamente proporcionais porque Alex de la Iglesia é así: un director persoal e controvertido que non deixa indiferente.
A pesares de ter os seus altibaixos, de secuencias que non veñen a conto (o motorista voador por exemplo), de Carolina Bang (bastante limitada como actriz), pasei un rato do mais entretido na butaca.
Delirante, colorista, graciosa, alegórica, macabra, violenta, a risa que se transforma en espanto, personaxes deliberadamente esaxerados ata o absurdo e o grotesco, irreverente, inclasificable e polo tanto indefinible. Alex de la Iglesia en estado puro.



TAMBIEN LA LLUVIA:
Esperaba máis de Iciar Bollaín por ser a directora das estupendas “Flores de otro mundo” e “Te doy mis ojos”; e esperaba máis de Luís Tosar, que está ben pero lonxe das grandes interpretacións as que nos ten acostumados.
Un equipo de cine chega a Cochabamba (Bolivia) para rodar un filme sobre a figura de Cristóbal Colón e a represión dos indíxenas. O pouco estalla un conflicto pola privatización da auga que pon en perigo a finalización da rodaxe.
Cine social, de denuncia, non en van o guionista é Paúl Laverty, asiduo colaborador de Ken Loach. Dúas crónicas con 500 anos de diferencia. Antes o ouro, agora a auga. Os indíxenas loitando por sobrevivir co pouco que teñen. Enfronte a mesma brutalidade, a mesma inxustiza, sempre os mesmos no poder.
Pero a emoción non logra traspasar a pantalla, unha frialdade parece enchoupar os fotogramas, un non se acaba de crer de todo a historia que semella plana, lineal; quizais a peregrinaxe polas distintas épocas (unha película dentro doutra, cine dentro do cine) non axuda. Hai diálogos algo forzados, personaxes pouco debuxados que rematan por ser superficiais, e un final politicamente acertado pero claramente mellorable.
A película é correcta, entretén, pero saín do cine coa sensación de que se lle podía haber sacado mais partido.

11 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Non vin ningunha.
Tambien la lluvia teñoa na axenda, pero xa un par de persoas que teñen gustos parecidos ós meus, e agora tí,
non me falaron moi ben...
así que habendo tanta oferta, me parece que vai quedar para cando lle cadre... se lle cadra.
Alex de la Iglesia, tí o dixeches: con él nunca sabes que vas atopar!
[para min sempre a memorable "El dia de la bestia"]

:-)

Bicos

Dilaida dijo...

Non vin ningunha, ultimamente non me sobra moito tempo para ir ao cine.
Bicos

W. Sobchak dijo...

Pois a min prestoume máis a de Bollaín que a de Alex. E iso que eu sonche moi fan do basco.

As dúas están ben feitas. E facer ben unha peli é complicadisimo. Así que pouco mais se pode dicir

Un saudinho

Bolboreteira dijo...

Tomo nota de todo !!
A segúnda chámame moito a atención é o tipo de cine que máis me suele gustar.Ademáis con Tosar e Gael...
Ainda que as túas críticas son regulares tentarei vela.
Alex gústame como persoa , as súas pelis...un regular..
Biquiñoss!!

Concha L. F. dijo...

Eu tampouco vin ningunha, pero apuntareinas, porque me parecen moi interesantes. O que non sei é cando. Tampouco é que teña moito tempo para todas. A ver se fago un oco.

E grazas pola suxestión.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Chámame moito a atención a primeira, a Balada triste, e até pode que faga por ila ver no cine; da outra alégrame que a vde non lle chistase porque non me tiña ningunha boa pinta.

fonsilleda dijo...

Non vin ningunha das pelis; supoño que as verei nangún intre.
De todos os xeitos, gústame Alex que o millor é un pouco psicodélico ou surrealista.
¿Charramangueiro?.
Saúdos.

Chousa da Alcandra dijo...

Eu tampouco vin ningunha. Estes días parece que fago turno corrido na canteira e non hai xeito de ir o cine.
Saúdos

Son Unha Xoaniña dijo...

Non vin ningunha porque aquí cada fin de semana poñen unha e ata que chegan as que un quere ver... pero vereinas seguro. Saúdos.

Xan dijo...

Eu tampouco vin ningunha das películas que mencionas. Agora logo da súa crónica non podemos dicir que non estamos avisados.
Saúdos

A cruz da Campá dijo...

Eu non vou romper a mostra, tampouco vin ningunha, pero apuntoas. Ademáis estando Tosar polo medio...