jueves, 20 de enero de 2011

WESTER IX: WYATT EARP

“Canto máis unida estea a familia, mellor. Só podes confiar nela, quero que o recordedes. Nada conta tanto como o sangue. Os demais son estraños.”
Estas palabras que o rapaz Wyatt lle escoita a seu pai marcárono para sempre e foron unha constante na súa vida.
Máis alá do sonado enfrontamento en O. K. Corral contra os Clanton e os McLaurys, esta é a historia da vida de Wyatt Earp pero tamén é a historia da relevancia que teñen os vínculos familiares e como estes son fundamentais para sobrevivir nunha terra dura, salvaxe e violenta.
O cine achegouse en moitas ocasións a este persoeiro (un dos máis famosos do oeste americano) e directores como John Ford, John Sturges, Frank Perry ou George P. Comatos tamén mostraron a súa visión.
Co permiso de Eastwood, Lawrence Kasdan e Kevin Costner foron os que revitalizaron o wester nos 80 e 90. Kasdan dirixira Silverado no 85, unha boa película na que Costner fixo unha interpretación un tanto infantil e aloucada. A madurez viríalle despois, aparte deste filme, coa oscarizada Bailando con lobos e en Open Range (nas dúas como actor/director).
A pesares de que non funcionou ben na súa estrea Wyatt Earp é un wester máis que digno. A cinta mostra a un Wyatt desmitificado (incluíndo o seu descenso os infernos ata converterse en ladrón de cabalos), vingativo, déspota as veces, pero coa importancia e o valor da familia sempre presente.
Kasdan soubo rodearse dun bo elenco de actores, ademais de Costner estaban Dennis Quaid, Isabelle Rosellini, Gene Hackman, Michael Madsen... A destacar tamén a fotografía, a música e unha ambientación da época mais que notable,
Acusárona de duración excesiva. É certo, os 183 minutos poida que se fagan longos e hai partes que si se eliminan non prexudican a historia. Outros recrimináronlle ó director que non desenrolara máis o personaxe de Doc Holiday (excelente Dennis Quaid que adelgazou 20 quilos para interpretar o xogador tuberculoso, amigo dos Earp). Con todo, a min paréceme un bo filme e onte volvín a velo.

11 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Ti és un afecionado o wester.
De volver eu ver algunha "do oeste" sin dubida seguiría unha das túas recomendadas.

Esta ten boa pinta, polo da ambientación e iso de que as persoaxes estean curradas e non sexa o bo boísimo, e o malo malísimo. Xa se sabe que detrás do home máis honrado se agocha algunha vergoña.

A nena do paraugas dijo...

Non me disgusta este xénero e seguirei a súa recomendación, pois non vin este filme.

Un saúdo.

Dilaida dijo...

A verdade que non é o tipo de cine que me gusta, claro que nunca se sabe, hai anos gustábanme moito as de suspense e agora prefiro o tipo comedia que non leva a ningún sitio. Tampouco soporto as de ciencia - ficción, eu sonche moi rariña.
Bicos

Ra dijo...

¿Se puede usté creer que no lo he visto?

Chousa da Alcandra dijo...

Kevin Costner paréceme un actor tremendamente versátil e cunha capacidade camaleónica para adaptarse a todos os xéneros. En Bailando con lobos fai unha magnífica interpretación, nun papel complexo de carallo.
Moitos westerns vin eu de rapaz en branco e negro no Bar Chispa, mentras comíamos FANEGAS de pipas!

Saúdos

A cruz da Campá dijo...

Non son especialmente aficionado ao Western, pero si me gustan todas as do amigo Clint Eastwood, non porque o considere o millor, non estou capacitado para valorar isto, simplemente é porque me fai gracia, resultame estremadamente simpática a súa forma de interpretar ao "vaqueiro". De todas maneiras habera que darlle un vistazo a tua recomendación.

Bolboreteira dijo...

Vai eres todo un experto no xénero.Eu nin papa, pero hoxe xa sei un pouquiño.
Bicoss!!

Maribel-bel dijo...

Eu digo como Zeltia, que eres un namorado do wester, pero...imaxinas a algún personaxe sen o cigarro na boca?, bueno, é para que a partir de agora te fixes que xa non parecen tan duros. Unha apertiña

Anónimo dijo...

Que idea me acaba de dar para esta noite!

Anónimo dijo...

Gustanme as pelis de vaqueiros de sempre. Anque as tres horas van ser algo demais pra os meus cadris, pero vaia... SEguro que paga a pena.
E xa postos vouche recomendar un western bastante atipico que venho de ver non hai moito Os Vividores, de Robert Altman. Julie Christie e Warren Beatty. O Oeste verdadeiro, creo.
Perdon pola ortografia e os signos extranhos. O teclado rebelouse.

Unha aperta.
Setesoles * problemas tecnicos*

Raposo dijo...

Setesoles: non vin esa de Altman, asi que tomo nota da túa recomendación.