Billy: “Como te sintes?
Pat : É como si os tempos houberan cambiado.
Billy: Os tempos quizais, eu non.”
------------------
Billy: “Nunca te imaxinei o lado da lei.
Pat : É unha forma de seguir vivo. Non importa en que situación estás, sempre tes razón.”
------------------
Billy: “Non fai moito tempo que a lei era eu e traballaba para Chisum. E Pat era un foraxido. A lei é unha cousa curiosa, verdade?”
------------------
Estes son algúns dos diálogos de Pat Garret e Billy The Kid, wester dirixido por Sam Peckimpah en 1973 e protagonizado por James Coburn e Kris Kristofferson nos papeis principais.
Un achegamento máis a dous personaxes míticos. O Salvaxe Oeste que respiraba a golpe de revólver esmorece, chega o ferrocarril, os negocios, os terratenentes, a civilización, os novos tempos. O progreso significa acatar unhas normas. Pat Garret enténdeo e trata de adaptarse; Billy non, por eso o enfrontamento será inevitable.
Dous vellos compañeiros que cabalgaron xuntos. Billy é un fóra de lei, un tipo incómodo o que hai que eliminar, e Pat agora sheriff de Lincoln ten o deber de perseguir e capturar o seu antigo camarada. Cando o mata en Fort Summer sabe que no fondo estase matando a si mesmo, e o prezo que ten que pagar por venderse o poder.
Wester crepuscular, peli amarga e melancólica coas sinais de identidade do mestre Peckinpah. Violencia, cámara lenta, antiheroes, perdedores, unha paisaxe agreste e dura, poeira e sucidade, todo o servicio dun dos seus temas preferidos: a amizade traizoada.
Ante un xénero (o wester) que agonizaba, o director retrata un mundo en declive, a desaparición dunha forma de vida, do latir dun territorio. “Esta é a historia dunha época, dunha lenda, non a historia de dous pistoleiros”, dixo Sam Peckinpah.
A música é de Bob Dylan que tamén actúa nun curioso e estraño papel. Bob e moi mal actor pero deixounos unha banda sonora memorable.
5 comentarios:
Coincido coa valoración que fas deste filme que vin hai anos.
Sam Peckimpah presenta nas súas películas a realidade crúa e este é un bo exemplo delo. Quizais ás veces demasiado crúas as imaxes que amosa, pero sempre consigue manter a atención esperta.
Un saúdo.
Non vin o filme, pero lera cando era un rapaz El bandido adolescente de Ramón J. Sender. Dende aquela sei que o que bota a manta por riba para durmir ao raso é pouco home.
Certamente os diálogos sonche ben equiparables aos tempos que corren. Non fai falta argallar moito para poñernos en situación...
Apertas
A vida ten o mal costume de xogar con nós e levarnos a sotavento de todas as singraduras. Mais, aínda que é difícil manter o rumbo desexado, a recompensa é infinita. Porque non hai morte máis doce que a que chega tras termos vivido; tras térmonos vivido.
(non a vin. Non me gustan os western :( )
A verdade é que as pelis do "oeste" non son o meu forte. Pero estame entrando algo de gusanillo de tanto leerche deste xénero. Saúdos.
Publicar un comentario