Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante.
Pasa, non te quedes na porta.
sábado, 20 de agosto de 2011
A FUXIDA
Dixo que ía a Santiago pero tomou as de Villadiego.
7 comentarios:
Sempre me chamou a atención o cerquiña que está, na fonética inglesa, o éxito da fuxida...Agochará algún sinal?
Hai quen entra pola porta de saída e fuxe pola de entrada, sen importarlle moito o que indican os letreiros...
Xa se sabe: se non hai camiño, faise camiño ao fuxir (adiante!)
Por moi lonxe que vaias sempre volverás ao punto de partida.
a min gústame enterarme do sentido que teñen esas expresións _"sin sentido"
tipo "a buenas horas, mangas verdes!"
:-)
Cooooorrrrrrrreeeeeeeeeeeeeeeeee!! Unha fuxida a tempo soe ser un gran éxito!
Coincido con Magdalena Malungo, xa se sabe: "de valentes están cheos os cemiterios".
Publicar un comentario