Emigrarán os paxaros
fuxindo do inverno e do frío.
Os soños esvaeceranse
como fume no canizo.
Murcharán as risas
e as flores do camiño.
A infancia desaparecerá
por escuros labirintos.
Divertirase o luns
meténdolle medo ó domingo.
O amor liscará
co veciño do quinto.
As estrelas agocharanse,
dubidará o peregrino.
Escapará o raposo
polo monte, sen facer ruído.
Marcharán os deuses
porque ese é o seu destino.
¿Cara onde marcharemos
os que estamos malditos?
fuxindo do inverno e do frío.
Os soños esvaeceranse
como fume no canizo.
Murcharán as risas
e as flores do camiño.
A infancia desaparecerá
por escuros labirintos.
Divertirase o luns
meténdolle medo ó domingo.
O amor liscará
co veciño do quinto.
As estrelas agocharanse,
dubidará o peregrino.
Escapará o raposo
polo monte, sen facer ruído.
Marcharán os deuses
porque ese é o seu destino.
¿Cara onde marcharemos
os que estamos malditos?
12 comentarios:
Como somos moitos, a lo menos non imos cara á soedade...
Os que estamos malditos dicaremos no inferno, deste mundo inxusto que tritura sempre aos mesmos. Moi bo sr. Raposo, gustoume moito.
marchar...
todos ao mesmo destino.
mais mentres, esvaecerse os soños, e todo o demáis que mencionas no poema, ese sí que é un desstino triste.
o final case parece abrir un burato nesa lagoa escura.
Vaiamos onde vaiamos o fermoso éo camiño.
Supoño que cara a ningunha parte, pero coa certeza de ter andado o camiño que nos toca.
Moi bo, señor Raposo. Parabéns!
gran texto.
un biko!
Se cadra déixannos aquí, rapás... A ver se hai sorte e nos dexan cando menos os bacelos... ;)
Vaia vacasións, eh?? ;)))
Unha aperta
O tempo que pasa, acurrunchados nos fermosos recordos e facendo dos sonetos perfectos escapadas os días que están por vir. Non estamos malditos, estamos medrando.
Besiños na veira.
Espero que directamente á insurrección, á reconquista dos nosos dereitos, dun mundo xusto.
Un saúdo
Cada vez estou máis convencida de que camiñamos cara á nada, en realidade camiñamos sen ir a ningunha parte, así que deberíamos disfrutar do camiño de vagar, porque non hai présa.
Apertas
Entre os malditos adoita haber moi boa xente asi que, donas e cabaleiros, a viaxe cando menos será entretida.
Os malditos son os que nunca marchan, os que permanecen por sempre, pois non dependen dos risos, nin do fume, nin das estrelas, nin do destino. Os malditos viven por sempre no cerne da súa palabra.
Grazas por traerme de volta.
Publicar un comentario