martes, 29 de noviembre de 2011

Cousas do tempo

O malo do tempo é que non sabe estarse quieto. Bulideiro, hiperactivo, sempre anda de aquí para acolá, sen acougo.
Non ten paradura e así non hai maneira...

11 comentarios:

Son Unha Xoaniña dijo...

Desde logo, nada coma o tempo para pasar, e cando te ves a dar conta, onde pasou e canto tempo hai que pasou, disto ímonos concienciando a medida que cumplimos anos, non sei porque cando un é moi novo non se da conta e logo cando un se quere dar conta xa pasou.
Ai, Non sei si me liei.
Saúdos.

Dilaida dijo...

E o máis grave... é que sempre vai cara adiante, nin por equivocación anda un segundo para atrás.
Bicos

Raposo dijo...

Son unha xoaniña: é que o tempo pode ser un liante de carallo!
Dilaida: se queres ir cara atrás tes que ir a Canarias.

Sáudos cordiais.

d:D´ dijo...

Bos días amicus:
El tiempo es inexorable y por mucho que nos intenten demostrar que lo que vemos de las galaxias lejanas es una imagen del tiempo pasado, sólo hay una razón para pensar que es presente, el nuestro, que lo vemos en tiempo real. El del observador, siempre es tiempo parado...mirando.
Aunque lo que veamos sea algo seudomacaronésico existe en ese instante, por lo tanto ese es nuestro presente.
Es cuestión de tiempo saber si podemos invertir la marcha d los medidores del mismo. No se han de parar, pues eso sí es imposible; iniciarán un regreso, sin pausa. Será una marcha de media vuelta y seguir en otra de las muchas direcciones que tiene el tiempo...dixt
Breves saludos.
Ogol acide sucima...

Paz Zeltia dijo...

algo consola ver que hai outros coa mesma teima...!

[e que non hai maneira de que algo permaneza se non hai acougo, se todo muda]

mariola dijo...

Eu sei un meigallo: non mires para él, e deléitate con todo o que fas. Para, senta, disfruta de cada momento. Cando un está "atento" o tempo ten outra consistencia.
Quizás o culpable non sexa él, senón nós, que imos moi rápido.
Gústame.
un biquiño.

Eva G. Rei dijo...

Vaia, o tempo corre pero se o vivimos intensamente non hai problema. O caso é aproveitalo: "carpe diem".

Concha L. F. dijo...

O tempo pasa, si. E co tempo muda a maneira de percibir o seu paso. Desde hai un tempo percibo que corre que se mata!
Ben. Será que eu vou algo máis lenta...

Maribel-bel dijo...

E se deixamos de pensar tanto nel, se olvidamos que hai horas e minutos e segundos, putas horas que nos recordan o traballo, o xantar, a cea, o almorzo. Eu mañá prometo levantarme cando esperte, sen importarme que sexa o serán. Que conste en acta. Un saúdo

Chousa da Alcandra dijo...

Pero tenche o seu aquel que non quede parado. Aínda que haxa intres que todos quixéramos deter...

Anónimo dijo...

lindo!