Que Rajoy non se pase con recortes,
que Risco deixe de dar a vara coa súa Prima,
que o Escobar atope o carro dunha puta vez,
que un posto de traballo non sexa tan esquivo,
que as ondas da friaxe non conxelen as ideas,
que a cobiza dos especuladores non dominen os mercados,
que os corruptos paguen polas súas falcatruadas,
que as mentiras non teñan futuro,
e que nos sigamos vendo de cando en vez
por este acubillo da blogosfera.
Bo ano e saúde.
que Risco deixe de dar a vara coa súa Prima,
que o Escobar atope o carro dunha puta vez,
que un posto de traballo non sexa tan esquivo,
que as ondas da friaxe non conxelen as ideas,
que a cobiza dos especuladores non dominen os mercados,
que os corruptos paguen polas súas falcatruadas,
que as mentiras non teñan futuro,
e que nos sigamos vendo de cando en vez
por este acubillo da blogosfera.
Bo ano e saúde.
17 comentarios:
Pois que ti tamén teñas un ano cheo de FELICIDADE, se tes iso o demais seguro que non o necesitas.
Bicos
Gústame esta felicitación, bos desexos expresados con humor... unha boa maneira de empezar o ano.
feliz aninovo!
gústanme os teus desexos par o 2012, eu desexoche todo iso e moito máis.
Bicos
Uns desexos moi ben artellados.
Para vostede, señor Raposo, moitas felicitacións. Que teña un bo ano 2012!
Tamén eu firmo.
Pero Rajoy xa gastou millón e medio de euros en gases lacrimóxenos para aplicar (supoño) nas manifestacións...porque chorar xa nos fai chorar sen gases...
que as mentiras non teñan futuro,
que os mentireiros rezumen verdades
e que as súas palabras, case musicadas polo Sabina, non cesen
non cesen
non cesen
...
pois, aínda que dando choutos no tempo, gústame cando o amencer me trae a estas terras da cova.
Moitas ilusións para o 2012
Bo ano e que se cumpra todo o que demandas.
Moitas apertas.
Comparto contigo todo, tamén que non calen as nosas esperanzas, que non luxen os corazóns. Que ti teñas tamén un ano bonito como o sol de maio. Besiños
Moi bos desexos
Que a Cova de encha de felices momentos neste ano que comeza.
Un saúdo.
Que a Cova se encha de bos momentos neste ano que comeza.
Un saúdo.
Todo iso e máis. Uns bos desexos para este ano que comeza.
Feliz ano!
Unha aperta.
Medomedá! Pero non poderán coas nosas verbas, expresións do noso existir. Saúde!
Saúde e sorte para aguantar a que se nos ben enriba!
E ventureiro ano para vostede, señor Rapopso!
Perdón.
VEN.
Un fallo ortográfico dixital imperdoable.
Graciñas a tod@s e feliz ano!!!!
E logo eu non dixen nada aquí?. Pois a felicitación gustoume cando a mirei, e pensaba que comentara algo sobre o tipo da imaxe, que ten que insistir tanto pq ninguén cre o que di...
En fin: feliz ano tamén
Publicar un comentario