Si abriran cara o ceo unha autopista,
si alguén me esperara na estación,
si tivera eu alma de artista
ben podería escribirche unha canción.
Pero, xa ves, son parvo, medroso, egoísta,
atrapado no foxo da indecisión,
e quedo aquí, nesta beira da pista,
rabuñando as portas do teu corazón.
9 comentarios:
Pois pórlle un refrán e xa tes unha fermosa canción.
Bicos
pois a letra xa a tes, agora só che falta a música.
:-)
(e mellor se lla cantas ti)
Pois nada a plenos música
As grandes cancións
saben de desexos
que fan caer as portas todas.
As grandes cancións
medran nos ecos
que fan soar as doces notas.
Querer é poder. Asi que, xa sabes, non quedes rabuñando e entra, home!
que con esas bonitas letras seguro que che deixa.
bicos.
Esta ben pode ser unha canción
ten ritmo e garra.
Unha grande aperta.
Case que me sae libre,
a liberdade está ben
pero non nese contexto.
Agora un bico por se acaso.
E logo...querer non é poder (ás veces)?
Vaia! A pouco que sigas, sáeche unha canción redonda...
Saúdos.
Publicar un comentario